A Xunta e organizacións sindicais acordan o desenvolvemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

Carreira profesional

 

➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖
📢🔊 A Xunta e organizacións sindicais acordan o desenvolvemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza‼️

Publicado en http://www.xustiza.gal
➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖➖

ℹ️➡️ A Xunta e as organizacións sindicais Sindicato Profesional de Justicia (SPJ-USO), Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza (STAJ), Unión General de Trabajadores (UGT), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Comisións Obreiras (CCOO) acordaron hoxe no marco da mesa sectorial o desenvolvemento da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, que vai beneficiar 2.700 traballadores públicos. Pola súa banda, Alternativas na Xustiza (AXG-CUT) decidiu non votar.

🔴 Deste xeito, antes de que finalice este ano abrirase unha nova convocatoria para que o persoal funcionario de carreira e interino ao servizo da Administración de Xustiza poida solicitar un novo grao da traxectoria profesional. Permíteselle así a estes traballadores avanzar na traxectoria profesional e mellorar as condicións económicas. Para a súa efectividade, o acordo debe ser aprobado polo Consello da Xunta e publicado no Diario Oficial de Galicia.

🔴 Mellórase, a falta da regulación estatal da carreira profesional por Real Decreto, o acordado en 2020 que establecía o sistema de carreira profesional do persoal da Administración de Xustiza galega. O avance supón o recoñecemento da progresión na traxectoria profesional, e mellora tanto as anualidades como as porcentaxes dos complementos retributivos.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
https://www.xustiza.gal/novas/-/nova/X74074/xunta-organizacions-sindicais-acordan-desenvolvemento-traxectoria-profesional

Los comentarios están cerrados.