Acábase de instalar a nova versión do Punto Neutro Xudicial con dobre factor de autenticación, cun código que recibirás no teu correo electrónico corporativo.
Esta novidade afecta aos LAX e aos funcionarios que estean de alta no PNX, e que teñan correo corporativo. Cando se acceda ao Punto Neutro Xudicial, recibirase un correo electrónico cun código dun só uso. Este código será válido mentres a sesión non caduque. Non se requerirá un código para cada consulta.