SPJ-USO SOLICITA UN REPARTO EQUITATIVO E PROPORCIONAL DAS PRAZAS DE APARCADOIRO NOS XULGADOS DOS EDIFICIOS XUDICIAIS DA CORUÑA

SPJ-USO CORUÑA ESIXE A XUSTA DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS DE APARCADOIRO! 

Queremos poñervos no voso coñecemento que SPJ-USO, presentou escrito á Dirección Xeral de Xustiza, esixindo que se proceda a un novo reparto e distribución de prazas de aparcadoiro, a raíz da solicitude do Decano desta cidade instando á Delegación Territorial de Xustiza que realice novo reparto das 30 prazas asignadas aos funcionarios no edificio xudicial da rúa Capitán Juan Varela.

 Este tema é de todo familiar a este Sindicato, xa que, como tod@s lembramos,  fomos os que  acadamos as prazas de aparcadoiro para os compañeir@s desprazados á antiga Fábrica de Tabacos. Logro conseguido, despois de moito traballo,  a medio de numerosos escritos (dirixidos á DXX, Concello da Coruña), reunións coa Xefa Territorial de Xustiza e, en xeral, de moitas xestións realizadas que, para ledicia de tod@s,  frutificaron. De todos os xeitos, sendo conscientes de que o problema non estaba resolto del todo pois nos outros edificios xudiciais (Edif. Monforte e Capitán Juan Varela) había que seguir traballando para conseguir o mesmo resultado.

Por iso, no seu momento, SPJ-USO,  pensando  nos dereitos de todos os compañeir@s,  aceptou trasladar o traballo que tiña feito  sobre esta cuestión  á Xunta de Persoal da Coruña.  A dita Xunta tivo varias reunións de traballo cos diferentes axentes implicados (Decano,  Delegación Territorial) que, lamentablemente,   non prosperaron.  Nos últimos meses, varios Sindicatos,   fóra da Xunta de Persoal da Coruña, ao parecer, levaron  a cabo diversas actuacións  para encauzar a cuestión.

Polo tanto, neste momento, que parece que se vai facer novo sorteo de prazas, SPJ-USO FAI AS SEGUINTES CONSIDERACIÓNS E SOLICITA:

1.- Que todo reparto das prazas de aparcadoiro,  debe pasar pola  idéntica formula adoptada cando se procedeu ao reparto das prazas  de aparcadoiro para o colectivo destinado  na  antiga Fábrica de Tabacos: CRITERIO DE PROPORCIONALIDADE,  entre os diferentes colectivos alí destinados, mediante un sorteo anual rotatorio. 

2.-  Que no edificio Monforte, tamén, habería de procederse do mesmo xeito. Rexeitamos de plano, o “status quo» existente  sobre este edificio no que os distintos Xuíces Decanos  veñen “autorizando”  o uso  do aparcadoiro  soamente a  Xuíces, Fiscais e Letrados da Administración de Xustiza.

 3.-, SUBSIDIARIAMENTE, que, sobre a totalidade das prazas existentes, nos  edificios xudiciais de CAPITAN JUAN VARELA E EDIFICIO  MONFORTE,  A  DXX AUTORICE   APARCAR A TODOS OS COLECTIVOS, QUE ESTEAN AUTORIZADOS E ALÍ TRABALLANDO, SEN CUOTAS E,  ÚNICAMENTE,  POR ORDE DE CHEGADA.

 4.- E QUE,  EN TODO CASO, HABERÍA QUE DISPOÑER PRAZAS  PARA  COMPAÑEIR@S VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XENERO OU CON ALGUNHA DISCAPACIDADE. 

 SPJ-USO DEFENDE E DEFENDERÁ SEMPRE O RESPECTO AOS PRINCIPIOS CONSTITUCIONAIS DE IGUALDADE E NON INTERDICCIÓN DA ARBITRARIEDADE DOS PODERES PÚBLICOS E POR ISO ESPERAMOS UNHA PRONTA SOLUCIÓN DA DXX  AO PROBLEMA EXPOSTO E Á VISTA DAS SOLUCIÓNS ACHEGADAS.

ADXUNTAMOS ESCRITO PESENTADO POLO NOSO SINDICATO

SOLICITUDE PRAZAS APARCADOIRO

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.