A MUGEJU BUSCA 2 COLABORADORES RETRIBUIDOS PARA A SUA DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA

 

Trala queixa formal de SPJ-USO ante MUGEJU, polo escurantismo e falta de transparencia na busca de colaboradores para a MUGEJU, a Mugeju maniféstanos que a modo de rectificación, publicará unha circular ofertando a busca a todos cantos funcionarios destinados en Pontevedra estén interesados na mesma, abríndose o correspondiente prazo para solicitudes, e publicando formalmente a oferta.

                                       A CIRCULAR PUBLICADA É A SEGUINTE:

MUTUALIUDAD  GENERAL JUDICIAL

                                            DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA

A MUGEJU BUSCA 2 COLABORADORES RETRIBUÍDOS PARA A SUA DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA.

Búscanse 2 colaboradores do corpo de Xestión, Tramitación ou Auxilio indistintamente, para cubrir as ausencias por vacacións, permisos e licencias da titular da praza da Mugeju en Pontevedra, coa finalidade de substituir a esa persoa na realización de tarefas  administrativas e de  atención ó mutualista imprescindibles, tales como expedir talonarios, visar recetas, tramitación de altas e baixas, expedición de tarxetas de afiliación e similares, e sen exención das tarefas propias do seu posto.

O anterior conforme á resolución do 15-1-2018 da Dirección Xeral de Xustiza, referente á colaboración do persoal da admón de Xustiza coa Mugeju.

A colaboración consiste na presencia física do colaborador durante unha hora diaria en horario de atención ó público (entre as 9 e as 14.00 horas), os días ou meses designados, no local de Mugeju.

Compensación económica aboada por parte de Mugeju: 17,95 €/dia.

Solicitudes: Deberán dirixirse ó Delegado de Mugeju en Pontevedra, Juan Ignacio Saiz Martín.

Prazo de solicitudes: ATA O VINDEIRO XOVES 21 DE NOVEMBRO.

Forma de solicitudes: mediante correo electrónico dirixido a juanignacio.saiz@fiscal.es ou a mugeju.pontevedra@justicia.es.

Nas solicitudes deberá constar expresamente os seguintes datos do solicitante: Nome e apelidos, dni, corpo, destino, dirección de correo electrónico e número de teléfono.

Para calquer dúbida ou aclaración: 986.80.57.42 e 986.80.39.61

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.