Desde SPJ-USO, dirixímonos á Dirección Xeral de Xustiza e ao Ministerio de Xustiza, mediante sendos escritos, SOLICITANDO A PUBLICACIÓN INMEDIATA DA RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DE TRASLADOS, prevista, agora, tras un novo retraso, para a segunda quincena de novembro, co fin de que se dicte canto antes a resolución definitiva.
Non podemos tolerar este abondono de funcións, xa crónica nesta Administración, que impide que a adxudicación dos postos de traballo non se produza en prazos razonables.
Entendemos que non existen circunstancias excepcionais, de ningún tipo, entre outras, as derivadas da complexidade na tramitación do procedemento, do número de instancias presentadas ou da documentación que deba ser obxecto de análise, que xustifiquen que pasados xa tres meses desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes, aínda non teñamos a resolución provisional -nen sequera coa axuda da utilización dos medios tecnolóxicos-.
Non hai escusa para ter en albas aos/ós compañeiras/os que están á espera de tan importante resolución.


















