Dende SPJ-USO dirixímonos á Dirección Xeral de Xustiza esixindo a instalación de DISPENSADORES DE AGUA PARA OS ÓRGANOS XUDICIAIS DE GALICIA.
Este sindicato considera que todos os órganos xudiciais de Galicia deberian contar con dispensadores de auga.
É sabido que por estes edificios transitan a diario miles de persoas, funcionari@s, profesionais e un alto volume de usuari@s en xeral, deste servizo público.
Por un baixo custo e sen complexidades de instalación, uso, limpeza e mantemento, cubriríase unha necesidade fundamental e, de paso, disiparíamos un pouco a imaxe cutre da Administración de Xustiza.
Beber auga con frecuencia mellora o noso estado físico e mental, polo que, hidratarse, tamén, durante a nosa xornada de traballo (sobre todo, no periodo estival), sen dúbida, repercutiría, favorablemente, no desenvolvemento do noso traballo diario.
Ademáis, contar con dispensadores de auga, ten múltiples vantaxes: abastécenos de agua en todo momento, é discreto, práctico e non rouba apenas espazo, proporciona auga de alta calidade, reposición automática, e son reciclables.
Por todo o anterior, dende SPJ-USO, SOLICITAMOS que no prazo máis breve posible, a DXX inicie os trámites oportunos para a dotación de DISPENSADORES DE AUGA ÓS ÓRGANOS XUDICIAIS DE GALICIA.


















