RESUMO DA MESA DE NEGOCIACIÓN DA NOVA ORDE DE INTERINOS – 13 DE XULLO

Resultado de imagen de INTERINOS

VER NOTA INFORMATIVA  Como ben sabedes levamos máis de 6 meses con este tema, pois ben, o xoves 13 fomos convocados a mesa sectorial, e SPJ-USO non estivo pola labor de perder a oportunidade de negociar a nova orde de interinos, a pesares das opinión diversas de distintos sindicatos de levantarse da mesa a modo de protesta, e a risco de que a orde se publicase e entrase en vigor tal como nos foi remitida pola DXX.

Os temas tratados foron en resumo os seguintes:

ANTIGÜIDADE

 Grazas ás presións de SPJ-USO como sindicato maioritario, así como do resto de organización sindicais, o Director xeral  infórmanos que  será valorada a antigüidade dende o ano 1992 (non dende o 2004 como en principio pretendía a administración).

CURSOS DE INFORMÁTICA

 Este sindicato esixiu  que esa valoración sexa nun apartado independente, tanto académica como de cursos de formación, xa estaba así   na  anterior  orde. Non pode ser doutra maneira debido á importancia da informática no desenvolvemento do noso traballo diario.

CURSOS DE FORMACIÓN DE  ANTIGÜEDADE SUPERIOR A 5 ANOS

SPJ-USO uso esixiu unha vez mais,  que  os cursos de legalidade vixente, teñen que ser valorados imperativamente, independientemente da antigüidade dos mesmos,   xa que doutra maneira  estaríamos a desvirtuar a formación dos traballadores.  Subsidiariamente esiximos que o prazo de 5 anos aumente como mínimo a 10  anos.

                               ART 7 DA NOVA ORDE:                              

PORCENTAXES DA BOLSA TRABALLO E BOLSA DE RESERVA

SPJ-USO, así como a maioría das organización sindicais, esiximos  que  a redación de artigo quede  tal e como estaba na anterior orde de interinos, e que as porcentaxes queden exactamente igual, dando a entender o Director Xeral que a nosa postura pode prosperar.

 A vindeira  semana a Dirección Xeral quedou en convocarnos para pechar estes temas e dar por finalizada a negociación desta nova orde;  esixímoslle que modifique os puntos expostos, para poder pechar dunha vez por todas a  nova orde.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.