MESA SECTORIAL DE XUSTIZA – GALICIA – 13 DE XULLO.

Resultado de imagen de MESA SECTORIAL

MOITAS PALABRAS E POUCOS FEITOS….

Tras unha breve intervención sindical expoñendo o que consideramos que é un “ninguneo” ós sindicatos, comezamos coa orde do  día, previo compromiso da DXX de remitirnos un calendario serio de mesas de traballo sobre, entre outros, Comisións de Servizos (semana do 17 ó 21 de xullo), Reforzos, mesa exclusiva de retribucións solicitada por SPJ-USO, Nova Oficina Xudicial, Substitucións e Quendas e algunha outra.

COMISIÓNS DE SERVIZOS.

Acórdase convocar Mesa Técnica ó respecto para traballar sobre a orde que nos remitiu a Administración, e na que básicamente se regula a cobertura temporal das prazas VACANTES  (Falecemento, perda da condición de funcionario, excedencias, Xulgados de nova creación, etc).

A dita mesa técnica será convocada para a semana do 17 ó 21 de Xullo segundo indica a DXX, e será de aplicación probablemente ós Xulgados de nova creación dos que se espera o Real Decreto de creación en calquer momento, probablemente para setembro, trala aprobación ó fin dos Orzamentos do Estado.

Manterémosvos informados.

MODIFICACIÓN DE AMORTIZACIÓNS NAS SECCIÓNS PENAIS DAS AUDIENCIAS: INSUFICIENTE PARA SPJ-USO.

A DXX confírmanos que deixará sen efecto a amortización de  UNHA PRAZA DE TRAMITACIÓN EN CADA SECCIÓN PENAL DAS AUDIENCIAS.

SPJ-USO considera a dita proposta insuficiente, dado que segue adiante a amortización de prazas nas sección “non penais”, así como as prazas de Xestión e Auxilio de tódalas Audiencias.

Débese ter en conta ademais que as Seccións penais de Pontevedra, Vigo e Coruña tiñan amortizables 2 prazas de tramitación (non unha), polo que segue adiante a amortización de unha praza de tramitación nas ditas Seccións penais.

Remitiráse ós sindicatos cadro de amortizacións para alegacións.

NOVA OFICINA XUDICIAL

Tras esixir unha verdadeira negociación da NOX dada a importancia da mesma para os tratalladores e a Xustiza galega, a DXX manifesta que está a facer “estudios previos”, dos que nos dará traslado e logo virá a fase de negociación.

IDENTIFICACIÓN DO PERSOAL FUNCIONARIO DOS SCNE, así como de tódolos funcionarios que saen á rúa.

A DXX conforme ó solicitado polas Xuntas de Persoal provinciais, confírmanos a forma da placa identificativa, conforme á Orde de 2011 estatal, e dinos que a placa identificativa levará un código alfanumérico identificativo, sin DNI, coa foto do funcionario e o lugar onde presta os seus servizos.

SPJ-USO solicita mais medidas como poden ser alarmas,  solicitando igualmente a dita identificación para funcionarios dos Servizos de atención ó cidadán, Rexistros Civiles, órganos penais, e en xeral para todos os  funcionarios que o consideren necesario.

Igualmente solicitamos a avaliación de riscos polo Comité de Seguridade e Saúde, así como formación dos funcionarios dos SCNE en formas de actuar en “situacións de risco”.

A DXX comprométese a remitirnos unha Orde ó respecto para traballar sobre ela.

PERSOAL DE REFORZO.

A DXX comunícanos que está a negociar con Facenda a consolidación dos reforzos de larga duración e as datas das mesmas, e dinos que teñen un “plan a 2 anos vista”.

Dinos que actualmente hay en Galicia 85 reforzos. Comprométese a negocialo en próximas mesas técnicas.

MODIFICACIÓN DAS RPT DO IMELGA.

Neste punto, mais que negociar, infórmasenos da consolidación de 4 novas prazas de médicos forenses.

SPJ-USO pide a ampliación ademais de dos planteis de forenses, tamén dos planteis de funcionarios dos Imelgas dada a carga de traballo dos mesmos e o aumento dos forenses.

DESCONTOS POR IT

Segundo o Director Xeral é un tema a tratar na mesa xeral da función pública galega, a pesares das peculiaridades dos funcionarios de Xustiza en relación cos da Xunta.

Esiximos, cando menos,  a equiparación con Xuices, Fiscais, LAX e territorio Ministerio.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.