PROPOSTA DA COMISIÓN MIXTA AO MINISTERIO DE XUSTIZA PARA A CREACIÓN DE SETE NOVOS XULGADOS EN GALICIA

A Comisión Mixta de Xustiza, acordou esta mañá solicitar ao Ministerio de Xustiza a creación de sete novas unidades xudiciais para Galicia en 2022.


A esta petición se engade a creación de dúas novas prazas de maxistrado/a en seccións penais de Audiencias Provinciais e unha praza de xuíz/a de adscrición territorial ( JAT) para a provincia de Ourense. De forma consensuada, a Comisión Mixta demandará por esta orde ao Goberno, quen aínda non comunicou o número de unidades xudiciais que prevé crear na comunidade este ano, os seguintes novos xulgados e prazas:

  • Xulgado de Primeira Instancia de Lugo.
  • Unha praza de Maxistrado/a na Sección Segunda da Audiencia Provincial de A Coruña.
  • Unha praza de Maxistrado/a na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra.
  • Xulgado de Primeira Instancia na Coruña.
  • Xulgado de Primeira Instancia en Vigo.
  • Xuiz/a de Adscripción Territorial na Provincia de Ourense.
  • Xulgado do Social en Ferrol.
  • Xulgado Mixto en Ribeira.
  • Xulgado Mixto e Vilagarcía.
  • Xulgado Mixto en Viveiro.

Accede a nota de prensa publicada na web de CGPJ: Pica aquí.

 

Los comentarios están cerrados.