No día de hoxe, 31 de xullo de 2020, celebrouse a reunión mediamente videochamada coa DXX, sobre a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de traxectoria profesional, sobre o Plan de choque e sobre o acordo para retribuir un punto adicional ó desempeño das funcións de Secretaría nos Xulgados de Paz.
Ver nota informativa para imprimir
CARREIRA PROFESIONAL (acceso extraordinario ao grao I)
– Comezaremos a tramitar as solicitudes no mes de septembro.
– O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación deste Acordo, e resolveranse no prazo máximo de 3 meses, para que este mesmo ano podamos percibir as cantidades correspondentes ao 2020.
REQUISITOS DE ACCESO
1.- Estar en situación de servizo activo na Administración de Xustiza en Galicia (ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza).
2.- Ter a condición de funcionario/a de carreira e contar cunha antigüidade mínima de 5 anos o día 31/12/2019. *Ao persoal funcionario interino seralle de aplicación nos
mesmos termos que se establezan para o persoal funcionario interino da Administración Xeral da Xunta de Galicia.
3.- Cumprir un dos criterios xerais de avaliación establecidos no artigo 4 deste Acordo:
CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN
Soamente será necesario acreditar un deles para este recoñecemento : (lembremos que a carreira ten efectos económicos desde o 01/01/2020 ) todo o que acreditemos debe estar recoñecido a 31/12/2019.
1– Formación continuada: (A suma de todos os cursos terá un mínimo de 40 horas). Inclúense os cursos de lingua galega (iniciación, perfeccionamento, medio ou superior) e, por outra banda, non se especifica ningunha antigüidade de calquera dos cursos que se admitan.
2- Realización de todos os cursos de doutoramento, master, etc
3- Publicación de traballos científicos
4- Dous anos de funcións de dirección, subdirección, xefatura de servizo, xefatura de sección.
5- Dous anos en situación de excedencia por coidado de fillos e familiares (acreditado mediante certificación na que conste a data de inicio e fin desta situación), ou nunha situación en que o/a empregado/a público/a, estando exento/a de desempeñar as funcións inherentes ao seu nomeamento, desenvolva actividades ou funcións de interese xeral ou público ou de carácter representativo.
6- Nomeamento, e participación na totalidade do proceso, como membro dalgún tribunal cualificador de procesos selectivos ou de provisión de postos
7- Dous anos de servizos prestados en postos de traballo que, polas súas especiais
características de illamento, soidade ou distancia con centros de formación, amosen dificultades para a realización de actividades formativas.
PROCEDEMENTO
O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico dipoñible na OPAX , acceso con calquera medio de firma electrónica (dni , tarxeta identificación persoal, certificado fnmt, etc.podemos acceder desde o posto de traballo ou domicilio, tendo lector de tarxetas.
Unha vez realizada a identificación na OPAX, o solicitante deberá seleccionar a opción correspondente a Traxectoria Profesional. O sistema informático informará á persoa solicitante se cumpre ou non os requisitos de acceso segundo os datos que obran neste.
No caso de que o sistema informe de que non se reúnen os requisitos de acceso, a persoa solicitante, poderá acreditar que os cumpre, se é o caso, anexando a oportuna documentación acreditativa á propia solicitude.
ACLARACIÓN Se temos recoñecido algúns dos requisitos de avaliación no noso expediente, non será necesario actualizar nada máis, unha vez que enchamos a solicitude o programa diranos se cumprimos cos requisitos de acceso, se non os cumprísemos, entón é cando debemos achegar un dos requisitos válidos . Posteriormente, cando xa teñamos recoñecido o grao 1 poderemos achegar máis requisitos para os seguintes graos.
OUTRO LOGRO “XUDICIAL” DE SPJ-USO: XESTORES XULGADOS PAZ
Por fin péchase o acordo de recoñecemento de atrasos e punto retributivo dos xestores con funcións de secretaría dos xulgados de paz, lembremos que, SPJ-USO, leva máis de 5 anos gañando sentenzas para todos estos compañeiros de Galicia discriminados e olvidados durante anos. Conseguimos que se lles recoñezan e abonen 28,62€ mensuais e que se lles paguen os atrasos dos últimos 5 anos anteriores a este acordo,
CREACIÓN NOVOS XULGADOS E DOTACIÓN DE PERSOAL “PLAN DE CHOQUE POR MOR DO COVID 19”
Lembremos que entrarán en funcionamento no último trimestre deste ano e as prazas sairán a comisión de servizos:
Xulgado do Social nº 7 A Coruña: 1 XUIZ 1 LETRADO 2 XESTORES 4 TRAMITADORES 2 AUXILIOS
Xulgado do Social nº 4 Lugo: “ “ “ »
Xulgado do Social nº 7 Vigo: “ “ “ “
SEGUIMOS TRABALLANDO POR TOD@S @S TRABALLADOR@S DE GALICIA



















