PLAN DE ACTUACIÓN DE AXILIZACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA -PLAN DE CHOQUE-

notiimportante-1

SPJ-USO INFORMA: PLAN DE ACTUACIÓN DE AXILIZACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALICIA

-PLAN DE CHOQUE-

A Dirección Xeral de Xustiza facilítanos a seguinte información ao respecto:

Trátase dun Plan xa aprobado polo Consello da Xunta de Galicia sendo un trasunto do plan do Consello de Ministros.

– O Plan prevé 2 tipos de medidas, procesuais e tecnolóxicas (éstas ultimas viñeron para quedarse, como son as videoconferencias, a cita previa e o TELETRABALLO: respecto deste e mentras non se regule a nivel estatal, polo menos, no que se refire ao estatuto xurídico, aplicarásenos en Galicia, analóxicamente, a normativa da Xunta do ano 2013).

– É un Plan por OBXECTIVOS, sometido a un control de seguemento cada 15 días.

– O custo para pagar e os medios materiais asúmeos a Xunta.

– Son medidas consensuadas co CXPX, Fiscalías e CCAA, diferenciando 5 tramos, atendendo ao módulo de traballo.

Haberá unha primeira fase que se desenvolverá entre o 1 de setembro e o 31 dicembre de 2020 e unha segunda, que se iniciará o 1 de xaneiro de 2021:

– Na primeira fase afectará ás xurisdiccións social e mercantil.

– Na segunda fase entraría tamén a xurisdicción contenciosa.

Esas medidas son de tres tipos e só se contemplan naqueles órganos cun módulo de traballo de entrada superior ao 130 %:

MEDIDAS DE AUTO REFORZO: PROLONGACIÓNS DE XORNADA

MEDIDAS DE REFORZO EXTERNO: XULGADOS BIS

MEDIDAS ESTRUCTURAIS: CREACIÓN DE NOVOS XULGADO

En Galicia combinaránse as tres medidas propostas:

PROLONGACIÓNS DE XORNADA

XUZGADOS DO SOCIAL

A Coruña: 3 prolongacións de xornada para cada un dos 6 xulgados do social. Total: 18

Ferrol: 3 prolongacións de xornada para cada un dos 2 xulgados do social. Total: 6

Lugo: 3 prolongacións de xornada para cada un dos 3 xulgados do social. Total: 9

Ourense: 3 prolongacións de xornada para cada un dos 4 xulgados do social. Total: 12

Vigo: 3 prolongacións de xornada para cada un dos 6 xulgados do social. Total: 18

XULGADOS DO MERCANTIL

A Coruña: Dous órganos do mercantil: 4 prolongacións de xornada para cada uno dos 2 xulgados do mercantil (2 xestores e 2 tramitadores). 8 en total.

Pontevedra: Dous órganos do mercantil

Vigo: Un órgano do mercantil:

MEDIDAS DE REFORZO EXTERNO ( JUZGADOS BIS)

A Coruña: Mantéñense os xulgados de reforzo de social e de mercantil.

CREACIÓN DE NOVOS ÓRGANOS XUDICIAIS

Vaise adiantar a posta en funcionamento dos novos órganos xudiciais con data de inicio no último trimestre deste ano.

Os órganos xudiciais coas súas respectivas plantillas son os siguintes:

DENOMINACIÓN ÓRGANO XUDICIAL

LOCALIDADE

PROVINCIA

Xestión

Tramitación

Auxilio

Xulgado do Social nº 7

A Coruña

A CORUÑA

2

4

2

Xulgado do Social nº 4

Lugo

Lugo

2

4

2

Xulgado do Social nº 7

Vigo

Pontevedra

2

4

2

TOTAL

6

12

6

Desde SPJ-USO reclamamos un plan más ambicioso que o proposto a nivel estatal

Solicitamos unha mesa específica onde abordar as necesidades que se van producir nos próximos meses.

En cualquera caso reclamamos que se inclúan a todos os xulgados do social e mercantil das 7 cidades galegas, considerando inxustificada a súa exclusión dos plans de choque nos casos de Santiago e Pontevedra na xurisdicción social e na practica totalidade das localidades no caso da xurisdicción mercantil.

Esiximos que entren outras xurisdiccións como a de familia ou os xulgados do penal e que non quede excluido ningún corpo da Administración de Xusticia na concesión destas medidas.

POR ÚLTIMO, SPJ-USO REALIZARÁ AS SÚAS CORRESPONDENTES ALEGACIÓNS, POR ESCRITO, Á PROPOSTA FORMULADA

PREMA AQUÍ PARA ACCEDER Á NOTA DO PLAN DE ACTUACIÓN GALICIA (1)

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.