RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2019 pola que se convoca a xornada A revisión dos actos e disposicións nulas de pleno dereito e a declaración de lesividade.

egap2Obxectivos. A cuestión relativa á revisión de oficio dos actos administrativos e demais institucións xurídicas relacionadas, como a declaración de lesividade, a revogación, ou os límites á revisión de oficio constitúen temas clásicos en dereito administrativo, pero que se atopan en permanente actualidade pola súa crecente utilización debido a factores como a adopción de novos criterios xurídicos de valoración ou a perentoriedade dos prazos procesuais e a maior sensibilidade da cidadanía na procura de xustiza na correcta aplicación da lei. VER DOGA https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190128/AnuncioO150-210119-0001_gl.html

Data: 6 de febreiro de 2019.

Horario: das 10.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.

Duración: 7 horas lectivas.

5. Número de prazas: 70.

6. Inscrición.      As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.gal/matricula/

Los comentarios están cerrados.