RECUPERACIÓN DE DEREITOS. 9 DIAS DE ASUNTOS PARTICULARES

Resultado de imagen de asuntos particulares funcionariosDende que nos arrebataron os tres días por asuntos particulares, SPJ-USO vén reivindicando, con distintas accións sindicais, a DEVOLUCIÓN DOS DIAS SUSTRAIDOS INXUSTAMENTE.

Aínda que houbo un acordo en decembro de 2015 para a súa devolución, a realidade, a data de hoxe, segue sendo a mesma.

LEMBRÁMOSVOS que:

1.- Os funcionarios de xustiza somos os únicos que non recuperamos todos os días de asuntos particulares que gozabamos antes das reformas lexislativas indicadas o ano 2012.

2.- A reforma do art. 503.1 da LOPX, nos termos que estamos a interesar (recuperación dos 9 días de asuntos particulares) está garantida, pois hai unha ampla maioría parlamentaria que mostrou a súa disposición para apoiala.

Ao parecer, o Ministerio de Xustiza, anunciará proximamente a súa recuperación, probablemente en conferencia sectorial coas CCAA con competencias en materia de xustiza, en xuntanza prevista para o próximo 3 de outubro. Podería ser unha realidade a súa recuperación “de feito” aínda mentres se modifica o art. 503 da LOPX.

SPJ-USO solicitará á Xunta de Galicia a ampliación do prazo de disfrute destes asuntos particulares ata o 31 de marzo de 2019, como xa se fixo no momento en que se recuperaron os “canosos”.

A pesares do anterior, e por non consideralo incompatible, e incluso como medida que favorece a conciliación da vida laboral e familiar, SPJ-USO segue a loitar pola recuperación da bolsa de horas.

Los comentarios están cerrados.