PROVINCIA DE PONTEVEDRA: ACLARACIÓNS PARA A MATRÍCULA NO CURSO OBRIGATORIO da EGAP “Curso de formación en prevención de riscos laboráis nas tarefas de tipo administrativo.”

🔊 PROVINCIA DE PONTEVEDRA: ACLARACIÓNS PARA A MATRÍCULA NO CURSO OBRIGATORIO da EGAP “Curso de formación en prevención de riscos laboráis nas tarefas de tipo administrativo.”‼️

ℹ️ Ante as múltiples consultas recibidas, aclaramos paso a paso como proceder á matrícula: ⤵️⤵️

1️⃣ Entramos en https://egap.xunta.gal/matricula 

Identificámonos con usuario e contrasinal.

▪️ Para o caso de non lembrar a contrasinal, pinchamos abaixo en «Recuperar contrasinal ou acceso mediante correo electrónico» ou contactamos telefónicamente coa EGAP.

        No caso de «recuperar contrasina mediante correo electrónico», automáticamente recibiremos un mail no noso correo para activar o contrasinal (ollo: nalgúns casos recibirémolo na carpeta de «spam»); algúns de vós non o recibiredes se non fixéstedes curso algún na EGAP e tedes como correo o corporativo justicia.es que xa non existe; para eses casos debedes contactar telefónicamente coa EGAP no 981.54.62.57

2️⃣ Unha vez entramos, en “cursos dispoñibles, áreas de formación”, pinchamos na 3ª opción “coñecementos transversais”.

3️⃣ En “nome do curso” seleccionamos o primeiro “FX20032” para os funcionarios da provincia de Pontevedra, excepto o partido xudicial de Pontevedra ou o segundo “FX20031” para o partido xudicial de Pontevedra.

A continuación solicitamos o curso.

  • PRAZO DE SOLICITUDES: dende o xoves 12 ata o mércores 18 de novembro.

➡️ Ante calquer problema ou incidencia non dubides en contactar co teu delegado sindical de SPJ-USO.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.