COMISIÓN PARITARIA INTERINOS 12/11/2020

No día de hoxe celebrouse mediante videoconferencia, Comisión Paritaria de Interinos para tratar a situación actual das bolsas, así como a posibilidade  de estudar diferentes alternativas para solucionar o grave problema actual.

Pola Administración, de forma verbal expónsenos ás  OOSS, o grave  problema actual que provoca que non  se cubran as prazas convocadas nas bolsas de interinos, dado que os requisitos de acceso limitan o número de persoas nas mesmas.

A Administración, ante este problema, dános traslado verbalmente  para alegacións de tres   alternativas para solucionar o grave problema actual:

1ª Modificación parcial da bolsa actual, exposta anteriormente pola  DXX no mes de Xullo, que  afectaría exclusivamente á disposición adicional primeira (solicitude de inclusión nas bolsas durante a súa vixencia), que permitiría a incorporación daquelas persoas  que acrediten dous meses de servizos prestados na Administración de Xustiza, ou ben daqueles que acrediten ter algún exame aprobado dos procesos selectivos  correspondentes aos corpos de Xestión Procesual, Tramitación Procesual e Auxilio Xudicial.

A Administración sobre este punto manifesta que non é moi viable porque implicaría a modificación de varios artigos da orde de interinos, o establecemento dunha nova convocatoria e  na súa opinión, consideran que non conseguirían un número amplo de candidatos.

Sobre esta alternativa,   SPJ-USO, no mes de Xullo presentou alegacións que liquidarían os problemas actuais de persoal e cumpriría cos principios de igualdade, mérito,  capacidade e publicidade.

2º Creación dunha nova bolsa, independente das actuais (unha terceira bolsa a maiores das actuais de traballo e reserva), na cal se rebaixarían os requisitos de acceso, a fin de poidan ser formadas  por aquelas persoas que traballasen na Administración de Xustiza, así como por aquelas que aprobasen algún exame dos procesos selectivos correspondentes ás corpos de Xestión Procesual, Tramitación Procesual e Auxilio Xudicial.

A Administración manifesta que esta opción sería a máis viable, xa que consistiría soamente en rebaixar  os requisitos de acceso.

3º Creación dunha bolsa de listas abertas similar á que se utiliza no ámbito da Xunta de Galicia e do Sergas, que permita unha actualización en todo momento dos méritos e que anualmente se actualice nunha data concreta. A Administración sobre este punto manifesta que é un proxecto moi complexo de levar a cabo.

Pola Administración confíresenos traslado para que nos próximos días efectuemos alegacións a fin de convocar nova reunión da Comisión Paritaria de Interinos o máis axiña posible.

Ante este novo escenario exposto pola  DXX,  SPJ-USO vai estudar as alternativas presentadas pola Administración, a fin de poder efectuar as correspondentes alegacións na próxima reunión da Comisión Paritaria de Interinos.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.