NOVAS SUBSTITUCIÓNS 24/11: Publicados novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares

NOVAS SUBSTITUCIÓNS 24/11: Publicados novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares.

ℹ️👉 Hoxe publícanse na intranet de xustiza novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 24 de novembro de 2020.

⭕ Prazo de presentación de solicitudes:  25, 26 e 27 de novembro de 2020.

aCCEDE ÁS NOVAS SUBSTITUCIÓNS 24-11

Corrección erros substitucións

Accede ó Anexo bis II – Solicitude de SUBSTITUCIÓNS 

  • As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estea en situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operarán os criterios de preferencia determinados na norma.

  • As peticións deberán ser cubertas conforme ao anexo II bis (solicitude de substitución entre titulares), dispoñible na intranet de xustiza.
    No caso de que se soliciten varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta, de corresponderlle máis dunha das prazas, será a recollida na solicitude.
  • 2. As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo:
    servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222.
  • Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado.
  • Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola  Dirección Xeral.
Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.