25N – QUE A PANDEMIA «NON NOS SILENCIE» CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: BASTA XA!!!

25N: «Que a pandemia non nos silencie» contra a violencia de xénero

O medo a sacar a voz durante o estado de alarma marca a campaña de SPJ-USO para este 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. «Que a pandemia non nos silencie» é o noso lema.

A mascarilla, que tanto nos protexe fronte ao coronavirus, é tamén a mordaza que fai calar a moitas mulleres. É o símbolo da pandemia de portas para fóra, pero impón o silencio cando as vítimas a quitan ao chegar a casa.

É necesario quitarse outra máscara, a do medo, máis invisible que a de tea, para alzar a voz. Unha mensaxe non só para as vítimas, senón para todos os que saben ou sospeitan que se está exercendo a violencia sobre unha muller.

Los comentarios están cerrados.