Persoas destinatarias.
O curso está dirixido ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes instrumentais, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema univer-sitario de Galicia.
Desenvolvemento.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: 9, 10, 11 e 12 de decembro de 2019.
Horario de tarde: 16.00 a 19.30 horas.
Duración: 14 horas lectivas.
Número de prazas: 50.
A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse vía telemática acceden-do ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 2 de decembro de 2019.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39-981 54 62 41


















