No día de hoxe, 25 de novembro, mantivemos reunión de Comisión Paritaria de Interinos na que se trataron as siguientes puntos da orde do día:
1.- Sobre o estado das solicitudes e criterios da nova bolsa de interinos:
-Presentáronse 249 alegacións (152 telemáticas e 97 manuales), das cales admitíronse 176. Así mesmo, houbo 178 alegacións sobre erros na baremación, das cales foron admitidas 100.
-Según a orden de convocatoria, os interinos que formaban parte das bolsas tiñan a obrigación de presentar as solicitudes de forma telemática, sen embargo, o CAU ao non posibilitar asistencia técnica aos interinos integrantes das bolsas pero que non estaban en activo (ITs, supensión, …) e non cumprir cos trámites do artigo 68.4, da Ley 39/15 do procedemento administrativo, é polo que a DXX , neste suposto, decidiu admitir as instancias presentadas de forma manual.
-En relación ao cupo de Discapacidade, tíñanse que dar dos requisitos, presentar certificación de grao de discapacidade e achegar informe de capacitación para o traballo. No primeiro caso pasan ao turno xeral, e no segundo (7 casos) quedan excluidos das bolsas.
A DXX TEN PREVISTO PUBLICAR AS LISTAXES RESULTANTES A FINAIS DE ANO OU, DE NON SER POSIBLE, NO MES DE XANEIRO.
2.- En relación co segundo punto da orden do día, relativo ao criterio de aplicación do artigo 21 (CESE DE PERSOAL INTERINO) da orde do 4 de octubre de 2018.
A DXX comprometeuse a colgar os ditos criterios, o mais axiña posible, na intranet e que exponemos a continuación:
1º: Na unidade hai un interino (1) que está na situación de IT, maternidade, paternidade, lactancia; e, no se lugar, hai outro interino (2):
-Cando se incorpora o 1 cesa o 2.
2º: Na unidade hai un interino (1), que está na situación de IT, maternidade, paternidade, lactancia e colle de seguido vacacións; e, no seu lugar, hai outro interino (2).
-Cando se reincopore de xeito efectivo o (1), non cesa o (2).
3º: Na unidade hai un interino (1) que está gozando dunha licenza ou outro suposto dos non previstos no caso anterior, e no eu lugar hai outro interino (2), que o substitúe.
– Cando se incorpora o interino (1), non cesa o interino (2) , senón o que corresponda segundo a orde de cesamento xeral cesará o interino que lle corresponda, segundo criterios de preferencia da orde.
4º : Na unidade hai 3 interinos. Un deles está en excedencia por coidado de fillos (dereito de reserva praza durante 2 anos se a mesma continúa desocupada nese tempo) :
– Aínda que, conforme a orde de cesamento xeral establecida, lle correspondería cesar ao interino que está en excedencia. Éste non cesaría ata a incorporación do titular da praza.
5º: Se incorpora un titular na praza, na que hai 2 interinos (1 e 2). Hai mais interinos na unidade (3 e 4).
-Ao incorporarse ao titular da praza, aplícase a orde de cese establecida na Orde a todos eles.