Cursos de formación sobre medidas de emerxencia

lifeguard_searching_md_whtNa intranet dos xulgados, publicase hoxe a seguinte información:

Co obxecto de proceder coa fase de formación do persoal de Xustiza encargado de poñer en marcha as medidas de emerxencia (Plan de Emerxencia), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes aos Cursos de formación sobre medidas de emerxencia xestionados polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Xunta de Galicia, a través do seu Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Administración de Xustiza en Galicia.

Podedes consultar a dita convocatoria na ligazón funcionarios>servizos.

De conformidade coas bases da devandita convocatoria a inscrición farase a través do Portal do Empregado Público;  no caso de imposibilidade poderase facer vía fax dirixido á Dirección Xeral de Xustiza (núm. fax: 981 546 222).

Lémbrase que o prazo de presentación das instancias remata o vindeiro día 21 de novembro.

Los comentarios están cerrados.