Archivos de la categoría ELECCIÓNS SINDICAIS

SPJ-USO: ¿POR QUE VOS PEDIMOS O VOSO APOIO NAS ELECCIÓNS SINDICAIS DO 20 DE XUÑO?

¿POR QUE VOS PEDIMOS O VOSO APOIO NAS ELECCIÓNS SINDICAIS DO 20 DE XUÑO?

Como cada catro anos, chega o momento de celebrar as eleccións sindicais. A pesar de que a situación socioeconómica non é a mellor e de continuar arrastrando recortes da gran crise do 2010, pensamos que, grazas o esforzo e o traballo deste sindicato co apoio dos funcionarios de xustiza de Galicia alcanzáronse logros e metas que fai 4 anos parecían imposibles.

Todos xuntos fixemos posible unha serie de melloras que nos levaron a estar situados nos postos altos de retribucións a nivel estatal.

¿CÓMO SE TRADUCIU TODO ESTE TRABALLO A EFECTOS PRÁCTICOS?

Dende SPJ-USO cremos que é necesario realizar un balance previo do traballo realizado polo noso sindicato durante os últimos catro anos. Aquí vos deixamos unha mostra de algún deles:

  • Desenvolvemento de todos os acordos asinados polo noso sindicato na folga do ano 2018, no que fomos decisivos para a execución dos mesmos.
  • Implantación do primeiro acordo de carreira desde o ano 2020, grao 1, do que fomos os verdadeiros impulsores, xa que sen o noso aval como o sindicato (que aporta 80% da representación dos sindicatos asinantes) nunca se podería levar a efecto o mesmo.
  • A durísima negociación directa como sindicato maioritario na comisión de seguimento e en facenda  dos graos extraordinarios 1 e 2 da carreira.
  • Solicitude de inmediata apertura da negociación dos grados ordinarios da carreira profesional.
  • Negociación e implantación da nova bolsa de interinos, coa eliminación dos requisito que restrinxían o acceso.
  • Impulsores da implantación da nova regulación das comisións de servizo, a pesares de todas as trabas postas por determinados sindicatos que se opoñían radicalmente a implantación deste sistema, anunciando un fracaso das comisións con escusas tan ridículas como que ían quedar vacantes a maioría das prazas. A realidade puxo a estes sindicatos no seu sitio. Gracias a nova regulación conseguiuse que moitos compañeiros e compañeiras de Galicia que estaban fóra puidesen traballar na nosa Comunidade.
  • Negociación e modificación da nova orde de substitucións na que se conseguiu que se eliminara a penalización de 6 meses para solicitar unha nova substitución cando era cesado na anterior.
  • Negociación en comisión de seguimento como sindicato maioritario da creación de 122 prazas en total de nova creación nos xulgados de Galicia. (36 no 2019, 34 no 2021 e 32 no 2022). Lembrade que estas prazas son produto do acordo derivado da folga.

Si polas xestións efectuadas polos sindicatos do “NON O ACORDO” fora, ningunha destas prazas se houbera creado. Tamén neste grupo podemos incluír algún dos asinantes dos acordos que coa súa desidia obrigaron a SPJ-USO a liderar en solitario toda a negociación para logo o final subirse o carro dos logros.

  • Consecuencia tamén dos acordos derivados da folga conseguíronse mais de 100 reforzos para diferentes órganos de toda Galicia. 
  • Mellora de instalacións e acondicionamento de infraestruturas de edificios xudiciais e reclamación de deficiencias en moitos xulgados de Galicia.
  • Conseguimos que se instalaran os primeiros desfibriladores nas sete grandes cidades de Galicia. Continuamos traballando para a súa total implantación en todos os edificios xudiciais da comunidade.
  • Logramos que por fin se nomeen como tutores e se retribúa a formación dos compañeiros que exerzan como formadores sexa para instruír os novos compañeiros titulares ou interinos.
  • Negociamos e asinamos o novo protocolo de acoso laboral no traballo, inexistente ata agora na xustiza Galega. Actualmente estase negociando o protocolo de acoso sexual.
  • Estamos a traballar para que dunha vez por todas se repartan os portátiles para o teletraballo a todos os funcionarios que o precisen.
  • Conseguimos que tanto o TSXG coma o CXPX fagan súa a nosa proposta para a implantación das gardas de Instruccción de 24 horas en Vigo e A Coruña.

MESAS DE NEGOCIACIÓN NAS QUE PARTICIPA SPJ-USO

Os acordos  modifícanse, corrixense ou mellóranse mediante a súa sinatura e traballo sobre eles nas mesas de negociación e as súas  comisións de seguimento… non impugnando  nin ameazando con recursos por intereses persoais, como é práctica habitual de determinados sindicatos.  É por iso , dende  SPJ-USO apostamos por  mellorar os acordos nas distintas comisións de seguimento, como xa fixemos no Acordo que rematou a folga:  onde conseguimos reforzos, plans de recuperación, retribucións, xulgados de violencia, etc… E seguimolo facendo despois coa creación de 122 prazas de nova creación, consolidación de reforzos, etc.

PUBLICADOS NO DOG OS PERMISOS RETRIBUIDOS PARA AS ELECCIÓNS SINDICAIS DO 20 DE XUÑO

Hoxe publícase no DOG  a resolución pola que se establecen os permisos retribuídos de que poden gozar os electores a órganos de representación de persoal da Administración de xustiza en Galicia que exerzan o dereito de voto o vindeiro día 20 de xuño.

🔴 Ao persoal funcionario que goce deste permiso poderalle ser exixida unha xustificación da efectividade do acto da votación, que para o efecto solicitará da súa mesa electoral.

2 horas para o persoal que traballe no mesmo edificio no que se atope a mesa electoral.

3 horas para o persoal que dentro da mesma localidade se desplace a outro local ou edificio para exercer o voto na mesa electoral.

4 horas para o persoal que se desplace a outra localidade para exercer o voto na mesa electoral.

As persoas integrantes das mesas e os/as interventores/as e apoderados/as das candidaturas gozarán dun permiso retribuído de xornada completa no día da votación e dunha redución de cinco horas na xornada de traballo do día inmediatamente posterior.

SPJ-USO ELIXE AVANZAR

¿POR QUÉ VOS PEDIMOS O VOSO APOIO NAS ELECCIÓNS SINDICAIS DO 20 DE XUÑO?

 

 

ELECCIÓNS SINDICAIS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA – VOTO POR CORREO – VOTA SPJ-USO!!!

📢🔊 ELECCIÓNS SINDICAIS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA 2023‼️
🔴 VOTACIÓNS 🗳️ O 20 DE XUÑO‼️

Ata o vindeiro LUNS 12 DE XUÑO PÓDESE SOLICITAR O VOTO POR CORREO!!!

VOTA SPJ-USO!!!

MODELO DE SOLICITUDE DE VOTO POR CORREO – solicitude 2023 – GALICIA

IMPORTANTE: A solicitude deberá ser remitida por correo certificado, e selada e fechada pola oficina de Correos.

Posteriormente recibirás na dirección indicada toda  a documentación precisa para votar por correo.

Debes introducir a papeleta no sobre de votación que che remiten, e unha vez cerrado o sobre, introducilo noutro sobre mais grande xunto coa copia do teu DNI, DNI que debe ir dentro do sobre grande e fóra do sobre pequeno de votación, remitindo o sobre grande por correo certificado á Mesa Electoral Coordinadora correspondente.

Para calquera dúbida contacta co teu delegado sindical de SPJ-USO.

ELECCIÓNS SINDICAIS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA 2023. VOTACIÓNS O 20 DE XUÑO. XA SE PODE SOLICITAR O VOTO POR CORREO!!!

ELECCIÓNS SINDICAIS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA 2023. VOTACIÓNS O 20 DE XUÑO.

XA SE PODE SOLICITAR O VOTO POR CORREO!!!

MODELO DE SOLICITUDE DE VOTO POR CORREO – solicitude 2023 – GALICIA

O vindeiro 20 de xuño de 2023 terán lugar as eleccións sindicais na Administración de Xustiza nas catro provincias da Comunidade Galega.

Do 18/5/23 ó 29/5/23 será a presentación de candidaturas.

Do 30 ó 31/5/23 procederase á proclamación pola Mesa Electoral das candidaturas presentadas.

O 1/6/23 será a data para a presentación das reclamacións sobre a presentación de candidaturas.

O 2/6/23 resolveranse as reclamacións pola mesa e publicaranse definitivamente as candidaturas proclamadas.

Do 5 ó 18 de xuño son as datas establecidas para a “propaganda electoral”, sendo o 19 de xuño a “xornada de reflexión”.

O martes 20 de xuño será a xornada de VOTACIÓN e ESCRUTINIO. A votación será de 9 a 14 horas o día 20 de xuño martes.

Se prevés non poder acudir físicamente o 20 de xuño a exercer o teu dereito ó voto, lembra pedir o  voto por correo ante a mesa electoral coordinadora. Xa se pode solicitar o voto por correo, que che será remitido ó domicilio que designes na túa solicitude.

MODELO DE SOLICITUDE DE VOTO POR CORREO – solicitude 2023 – GALICIA

Posteriormente recibirás na dirección indicada toda  a documentación precisa para votar por correo.

Debes introducir a papeleta no sobre de votación que che remiten, e unha vez cerrado o sobre, introducilo noutro sobre mais grande xunto coa copia do teu DNI, DNI que debe ir dentro do sobre grande e fóra do sobre pequeno de votación, remitindo o sobre grande por correo certificado á Mesa Electoral Coordinadora correspondente.

Para calquera dúbida contacta co teu delegado sindical de SPJ-USO.

FEITOS