SPJ-USO: ¿POR QUE VOS PEDIMOS O VOSO APOIO NAS ELECCIÓNS SINDICAIS DO 20 DE XUÑO?

¿POR QUE VOS PEDIMOS O VOSO APOIO NAS ELECCIÓNS SINDICAIS DO 20 DE XUÑO?

Como cada catro anos, chega o momento de celebrar as eleccións sindicais. A pesar de que a situación socioeconómica non é a mellor e de continuar arrastrando recortes da gran crise do 2010, pensamos que, grazas o esforzo e o traballo deste sindicato co apoio dos funcionarios de xustiza de Galicia alcanzáronse logros e metas que fai 4 anos parecían imposibles.

Todos xuntos fixemos posible unha serie de melloras que nos levaron a estar situados nos postos altos de retribucións a nivel estatal.

¿CÓMO SE TRADUCIU TODO ESTE TRABALLO A EFECTOS PRÁCTICOS?

Dende SPJ-USO cremos que é necesario realizar un balance previo do traballo realizado polo noso sindicato durante os últimos catro anos. Aquí vos deixamos unha mostra de algún deles:

  • Desenvolvemento de todos os acordos asinados polo noso sindicato na folga do ano 2018, no que fomos decisivos para a execución dos mesmos.
  • Implantación do primeiro acordo de carreira desde o ano 2020, grao 1, do que fomos os verdadeiros impulsores, xa que sen o noso aval como o sindicato (que aporta 80% da representación dos sindicatos asinantes) nunca se podería levar a efecto o mesmo.
  • A durísima negociación directa como sindicato maioritario na comisión de seguimento e en facenda  dos graos extraordinarios 1 e 2 da carreira.
  • Solicitude de inmediata apertura da negociación dos grados ordinarios da carreira profesional.
  • Negociación e implantación da nova bolsa de interinos, coa eliminación dos requisito que restrinxían o acceso.
  • Impulsores da implantación da nova regulación das comisións de servizo, a pesares de todas as trabas postas por determinados sindicatos que se opoñían radicalmente a implantación deste sistema, anunciando un fracaso das comisións con escusas tan ridículas como que ían quedar vacantes a maioría das prazas. A realidade puxo a estes sindicatos no seu sitio. Gracias a nova regulación conseguiuse que moitos compañeiros e compañeiras de Galicia que estaban fóra puidesen traballar na nosa Comunidade.
  • Negociación e modificación da nova orde de substitucións na que se conseguiu que se eliminara a penalización de 6 meses para solicitar unha nova substitución cando era cesado na anterior.
  • Negociación en comisión de seguimento como sindicato maioritario da creación de 122 prazas en total de nova creación nos xulgados de Galicia. (36 no 2019, 34 no 2021 e 32 no 2022). Lembrade que estas prazas son produto do acordo derivado da folga.

Si polas xestións efectuadas polos sindicatos do “NON O ACORDO” fora, ningunha destas prazas se houbera creado. Tamén neste grupo podemos incluír algún dos asinantes dos acordos que coa súa desidia obrigaron a SPJ-USO a liderar en solitario toda a negociación para logo o final subirse o carro dos logros.

  • Consecuencia tamén dos acordos derivados da folga conseguíronse mais de 100 reforzos para diferentes órganos de toda Galicia. 
  • Mellora de instalacións e acondicionamento de infraestruturas de edificios xudiciais e reclamación de deficiencias en moitos xulgados de Galicia.
  • Conseguimos que se instalaran os primeiros desfibriladores nas sete grandes cidades de Galicia. Continuamos traballando para a súa total implantación en todos os edificios xudiciais da comunidade.
  • Logramos que por fin se nomeen como tutores e se retribúa a formación dos compañeiros que exerzan como formadores sexa para instruír os novos compañeiros titulares ou interinos.
  • Negociamos e asinamos o novo protocolo de acoso laboral no traballo, inexistente ata agora na xustiza Galega. Actualmente estase negociando o protocolo de acoso sexual.
  • Estamos a traballar para que dunha vez por todas se repartan os portátiles para o teletraballo a todos os funcionarios que o precisen.
  • Conseguimos que tanto o TSXG coma o CXPX fagan súa a nosa proposta para a implantación das gardas de Instruccción de 24 horas en Vigo e A Coruña.

MESAS DE NEGOCIACIÓN NAS QUE PARTICIPA SPJ-USO

Os acordos  modifícanse, corrixense ou mellóranse mediante a súa sinatura e traballo sobre eles nas mesas de negociación e as súas  comisións de seguimento… non impugnando  nin ameazando con recursos por intereses persoais, como é práctica habitual de determinados sindicatos.  É por iso , dende  SPJ-USO apostamos por  mellorar os acordos nas distintas comisións de seguimento, como xa fixemos no Acordo que rematou a folga:  onde conseguimos reforzos, plans de recuperación, retribucións, xulgados de violencia, etc… E seguimolo facendo despois coa creación de 122 prazas de nova creación, consolidación de reforzos, etc.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.