Archivo diario: 23/11/2026

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE DESFRUTE DE ASUNTOS P. E VACACIÓNS 2026 ATA O 31-3-2027 (Reivindicación conseguida por SPJ-USO)!!

Tal como vos vimos informando dende o primeiro momento dende SPJ-USO a DXX ven de remitirnos «Resolución da Dirección Xeral de Xustiza sobre o goce das vacacións e permisos por asuntos particulares correspondentes ao ano 2026 do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia» que textualmente di:

ACORDO: Ampliar o período de goce ata o 31 de marzo de 2027 das vacacións e días de permiso por asuntos particulares correspondentes ao ano 2026 para a totalidade do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.

🔗 Accede á Resolución: https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:0049a369-7c2a-429a-a376-bff300bf0231

PROMOCIÓN INTERNA  – ACLARACIÓN IMPORTANTE ÓS BORRADORES

📢🔊 PROMOCIÓN INTERNA  – ACLARACIÓN IMPORTANTE ÓS BORRADORES‼️*
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃

ℹ️➡️ Ante as múltiples dúbidas que nos estades a plantexar respecto da Promoción Interna na Administración de Xustiza dende SPJ-USO ACLARAMOS: 👇

📣📣 Lembrade que para participar nos procesos de promoción interna (por exemplo, de Tramitación a Xestión Procesual e Administrativa) débense cumprir simultaneamente tres requisitos:
☑️ • Reunir os requisitos xerais do corpo ao que se aspira (incluída a titulación esixida).
☑️ • Ter a condición de funcionario/a de carreira no corpo inmediatamente inferior.
☑️ • Acreditar unha antigüidade mínima de 2 anos nese corpo.

⚠️⚠️ *Aclaración clave: A normativa indica que esa antigüidade se computa «como funcionario de carreira ou interino en calquera das súas modalidades».
👉  Polo tanto, o tempo traballado mediante nomeamentos de substitución (substituto) é totalmente válido e súmase para acadar os 2 anos esixidos, sempre que na actualidade xa se teña a praza en propiedade e inclúese en «interino en calquera das súas modalidades»

▪️ SPJ-USO: Sempre ben informados.

DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL PROVISIONAL DE PRAZAS DA OEP 2026 DE XUSTIZA e BORRADORES PROVISIONAIS DE CONVOCATORIAS

O Ministerio de Xustiza ven de remitir a distribución territorial de prazas da OEP 2026.

Con respecto a Galicia a distribución é a seguinte:
– Xestión Libre: 3
– Xestión Promoción Interna: 2
– Tramitación Libre: 25
– Tramitación Promoción Interna: 13
– Auxilio: 22
– Médicos Forenses: 2

▪️ Amplía información:

Podedes acceder os textos íntegros das diferentes convocatorias nos seguintes enlaces:

⚠️⚠️ Lembra que se trata de documentos provisionais (borradores) pendentes de negociación e publicación oficial no BOE.
Convocatoria-borrador-cuerpos-generales-definitivo-GT-TPA-AUX-LIBRE.pdf

Convocatoria-borrador-GPA-PI-2026.pdf
Convocatoria-borrador-TPA-PI-2026.pdf
Convocatoria-borrador-final-LAJs-PI.pdf