Archivo diario: 20/11/2026

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE DESFRUTE DE ASUNTOS P. E VACACIÓNS 2026 ATA O 🗓️ 31-3-2027 (Reivindicación conseguida por SPJ-USO)‼️

Ante as consultas que nos estades a facer e rumores varios, RATIFICAMOS: SPJ-USO — sindicato que solicitou ampliar o desfrute de asuntos particulares e vacacións de 2026 ata o 31 de marzo de 2027 como vos temos informado — confirma que a medida xa está aprobada.

Esta ampliación contou co voto unánime a favor das organizacións presentes na Mesa Sectorial de Xustiza e foi ratificada polo propio director xeral, tal e como recolle a acta da xuntanza.

O único trámite pendente é a súa publicación na intranet de Xustiza, que se fará efectiva nas próximas datas segundo nos confirma a Dirección Xeral.

▪️ Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!

ADIAMENTO DA MESA SECTORIAL DO 24-11-26 ao 02-12-26!!

A DXX infórmanos de que xurdido un imprevisto a mesa sectorial prevista para o 24 de novembro será o 2 de decembro de 2026.

Nos próximos días remitirase a convocatoria e a documentación asociada.

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

IMPORTANTE – Elección destino Tramitación Orde PJC/64/2024 (OEP 2023)

Tal como solicitou SPJ-USO, a DXX informa que está previsto que ó longo do día de hoxe se publique na intranet de Xustiza e mais na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes o número de orde da elección de destino do corpo de tramitación procesual e administrativa convocado pola Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro, sumando a puntuación da nota da proba do idioma oficial.

ACCEDE AQUÍ AO LISTADO:

https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/documents/non-indexar/36153/41534/ctpa-orde-pjc642024-201126.pdf?version=1.0

▪️ SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.