
ℹ️➡️ O DXX, xunto co convidado e Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Director do Labaoratorio de Radón de Galicia, a preguntas de SPJ-USO, informan no ámbito do Comité de Seguridade e Saúde:
📣📣 Os resultados do gas radón facilitaranse para tódalas Consellerías da Xunta de Galicia ó mesmo tempo, motivo polo que non informan dos resultados concretos dos Xulgados galegos.
📣📣 Non consta ningún traballador exposto conforme ás medicións, sendo os únicos resultados superiores ó recomentable en 5 arquivos, e segundo di con «risco nulo».
📣📣 AUDIENCIA PROVINCIAL DE 📍 PONTEVEDRA: Preguntado expresamente por SPJ-USO, o Director Xeral de Xustiza confirma que na Audiencia Provincial de Pontevedra non hai ningún resultado preocupante nin positivo, nin na planta Baixa nin nas plantas superiores.
📣📣 Os resultados mais altos de Galicia son na AUDIENCIA PROVINCIAL DE 📍 A CORUÑA, mais non son resultados positivos nin alarmantes.
👉👉 O experto presente en Gas radón transmite a tódolos traballadores da Xustiza galega TRANQUILIDADE tralos datos obtidos.
▪️ SPJ-USO: Ampliaremos a información do Comité de Seguridade e Saúde que se está a desenvolver neste momento.


















