ÚLTIMA HORA CONCURSO DE TRASLADOS (XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO)

ℹ️➡️ ​A Dirección Xeral de Xustiza (DXX) vén de confirmarnos que o Ministerio de Xustiza xa lle solicitou oficialmente onte 24/11 a relación de prazas vacantes en Galicia para convocar o próximo Concurso de Traslados dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial.

⚠️⚠️ ​Diante desta confirmación, dende SPJ-USO Galicia solicitamos á DXX que nos remita esa relación de prazas con carácter previo ao seu envío definitivo ao Ministerio. O obxectivo é podermos revisalas con tempo e presentar as alegacións oportunas en defensa dos dereitos do persoal da Administración de Xustiza en Galicia.

⛔ Consideramos inadmisible e inxustificable que, a finais de novembro, aínda se estean a dar os primeiros pasos para a convocatoria, xerando incerteza e prexudicando a miles de funcionarios e funcionarias de Xustiza.

🗓️ Incerteza sobre a data de publicación: A pesar deste trámite técnico, o Ministerio non garante se a orde de convocatoria chegará a publicarse antes de que remate o ano 2026 ou se pasará xa en 2027, suposto probable ó parecer de SPJ-USO.

​👉 Desde SPJ-USO esiximos ao Ministerio a inmediata axilización dos trámites para que a súa publicación non sufra máis demoras.

▪️ ​Manterémosvos informados de calquera novidade que se produza.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.