Archivo diario: 18/11/2026

HORARIO E CALENDARIO LABORAL 2027 – MESA SECTORIAL DO 24/11

conciliación

ℹ️➡️ SPJ-USO SOLICITA A REDUCCIÓN DE MEDIA HORA NA PARTE FIXA DO HORARIO TANTO NA XORNADA DE INVERNO COMO NA DE VERÁN (CO CORRESPONDENTE AUMENTO NA PARTE FLEXIBLE) E OUTRAS MEDIDAS EN PROL DA CONCILIACIÓN.

⚫🔴 Tamén solicitamos:
☑️ – A ampliación da xornada de verán do 1/6 ó 30 de setembro.
☑️ – Xornada Reducida de Semana Santa e Nadal.
☑️ – Bolsa de horas.
☑️ – Dia de asuntos a maiores se o 24 e 31 caen en sábado e son festivo autonómico ou local.
☑️ – Dia de descanso por gardas de dispoñibilidade.
☑️ – Posibilidade de desfrute dos días de asuntos particulares por horas.
☑️ – Reducción das horas nas prolongacións de xornada.
☑️ – Mantemento da “media hora de cortesía”.
– Que o prazo xeral de desfrute de asuntos particulares e vacacións sexa ata o 31-3 de cada ano.

⚠️⚠️ Dende SPJ-USO queremos deixar claro que apoiaremos, en todo caso, calquera mellora que se estableza na resolución sobre o calendario laboral da xustiza galega. O noso compromiso prioritario é sempre asegurar e respaldar calquera avance nos dereitos e condicións de todo o persoal.

👉 Debemos partir da base de que no BOE de 21-9-2026 se publicou a Resolución na que o Ministerio de Xustiza procedeu a regular a duración da xornada xeral de traballo e a xornada en réxime de dedicación especial para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza que establece a xornada de 35 horas semanais. Dende SPJ-USO cremos que a nosa Comunidade non debe quedarse atrás, e polo tanto solicitamos melloras, e especialmente as relacionadas coa Conciliación da vida laboral e familiar.

Amplía información e accede á Circular  íntegra Alegacións Horario e Calendario laboral – preme aquí

PUBLICADA NO BOE A SUBA SALARIAL DO 4,5 % PARA 2027

ℹ️➡️ ​Publicouse no BOE o Real Decreto-lei 37/2026 coa nova subida salarial para o persoal do sector público:

🪙​💰 Incremento: Subida directa do 4,5% nas nosas nóminas (calculado sobre as retribucións que teñamos consolidadas a 31 de decembro de 2026).
📅 Aplicación: Terá efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2027.

📣 ​Esta medida aprobouse por decreto de urxencia para garantir que a subida se faga efectiva xa na nómina de xaneiro, blindando así o Acordo sindical 2025-2028 a pesar da disolución das Cortes e a prórroga dos orzamentos do Estado.

🔴⚫ Por outra banda, lembrade que dende o 1 de xaneiro de 2027 teremos as seguintes melloras adicionais na nómina:
– 🪙 Durante o primeiro trimestre de 2027, un 0,5% correspondente á desviación da inflación do ano pasado, con atrasos dende xaneiro de 2026.
– 🪙 Os 67,5 € mensuais do complemento específico galego.
– 🪙 A actualización da porcentaxe do grao de carreira profesional.

▪️ Amplía información e accee ó BOE: ⤵️
🔗 https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2026-24119

OFERTA PLAZAS ESTABILIZACIÓN CONCURSO TURNO DISCAPACIDAD ORDEN PJC/1357/2024

El Ministerio informa  de que  «se retoma la tramitación para la publicación de la oferta de plazas destinada a las personas aspirantes que han superado los procesos selectivos de los Cuerpos de Gestión Procesal y Administrativa, Tramitación Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial, convocados mediante la Orden PJC/1357/2024, cuya publicación está prevista para el próximo 1 de diciembre.»