BOE – NOVIDADES EN PERMISOS E CONCILIACIÓN (RDL 42/2026)

ℹ️➡️ ​ ​Desde SPJ-USO informámosvos das principais melloras aprobadas que modifican o Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) e o Estatuto dos Traballadores:

​🖤 Novo permiso por loito (falecemento):
☑️ • 10 días hábiles por cónxuxe, parella de feito ou familiares de 1.º grao de consanguinidade.
☑️ • 3 días hábiles (5 se é en distinta localidade) para 1.º grao de afinidade e 2.º grao.
👉 • Pódese iniciar nas 4 semanas posteriores ao falecemento e desfrutar en días descontinuos (se as necesidades do servizo o permiten).

​👶 Nacemento, adopción e acollemento:
☑️ • Amplíase a 20 semanas por proxenitor (6 obrigatorias + 11 no primeiro ano + 3 semanas flexibles ata que o menor cumpra 8 anos) – [aplicable en Galicia á paternidade.]
☑️ PERMISO POR PARTO – MATERNIDADE: Conforme ó acordo firmado por SPJ-USO o 23-5-2018, aplícasenos a Lei de Emprego Público de Galicia, que mellora o acordado a nivel
nacional, e mantemos 22 SEMANAS DE MATERNIDADE, distribuídas a vontade da funcionaria, con 6 semanas despois do parto, e 2 semanas mais en caso de parto con fillo discapacitado ou parto múltiple, 2 semanas mais por cada filllo a partir do segundo
☑️ • Familias monoparentais: 34 semanas en total (6 obrigatorias + 22 no primeiro ano + 6 semanas ata os 8 anos).
👉 • Nota: A semana adicional (ou dúas en monoparentais) poderá solicitarse a partir do 1 de marzo de 2027.

​🏥 Coidados e enfermidades graves:
* Inclúense os coidados paliativos de familiares ata 2.º grao ou conviventes como causa para pedir redución de xornada.

* Amplíase a redución de xornada por cancro ou enfermidade grave de fillos/as ata os 23 anos, ata os 26 con discapacidade ≥65%, e sen límite de idade en casos de gran discapacidade ou Grao III de dependencia.

​🤝 Acompañamento na eutanasia:
* Novo permiso retribuído o día en que se practique a prestación de axuda para morrer, se a persoa traballadora foi designada para acompañar.

​📲 Para calquera dúbida ou consulta sobre como solicitalos, contacta cos teus delegados/as de SPJ-USO.

▪️ Amplía información: ⤵️

Accede ó BOE – RDL 42-26

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.