O Consello de Ministros vén de aprobar un Real Decreto-lei que reforma o Estatuto dos Traballadores e crea o novo permiso por duelo en caso de falecemento.
Estes son os puntos clave:
- 10 días laborables: Por falecemento de cónxuxe, parella de feito, fillos ou pais (ata agora eran 2 días, ou 4 con desprazamento).
- 3 días laborables (ampliables a 5): Por falecemento de irmáns, avós, netos, sogros, xenros, noras e cuñados. Se hai que desprazarse, amplíase a 5 días.
- Coidados paliativos: Recoñécese o dereito a reducir ou adaptar a xornada laboral (sen perda nas cotizacións) para coidar familiares ata segundo grao en coidados paliativos.
- Acompañamento en morte digna: Novo permiso retribuído de 1 día para acompañar a unha persoa que reciba a prestación de axuda para morrer.
- Permisos parentais: O decreto tamén amplía o permiso por nacemento e coidado do menor ata as 20 semanas.
Entrada en vigor: No momento da súa publicación no BOE (pendente de validación posterior no Congreso).
▪️ Amplía información: ⤵️
🔗 https://share.google/xrFkGfWqT2cHC5iY5


















