
“CARREIRA PROFESIONAL”, “TRAXECTORIA PROFESIONAL”, OU COMO A QUEIRAMOS CHAMAR………. O CASO É QUE A ESTAMOS COBRANDO…
Por primeira vez na “historia”, a xustiza galega, gracias o sacrificio dos traballadores e traballadoras da xustiza galega e O LIDERAZGO CASE EN SOLITARIO de SPJ-USO, estamos na cabeza a nivel retributivo noámbito nacional. Sólo temos que sumar ó noso CAT a CARREIRA PROFESIONAL e ver a nosa posición na táboa…..
EFECTOS ECONÓMICOS DOS ACORDOS ASINADOS POR SPJ-USO
A mostra máis directa destes efectos son a comparación das nosas nóminas antes e despois dos acordos firmados por SPJ-USO. Na seguinte táboa facemos unha comparativa entre o soldo que se percibía antes dos acordos da folga e os que actualmente percibimos. Trátase de soldos de postos de traballo xenéricos, limpos de trienios, gardas e IRPF, etc.
| SOLDO BRUTO/MES ANTES DA FOLGA * | SOLDO BRUTO/MES NA ACTUALIDADE* | DIFERENCIAS MENSUALES | |
| M. FORENSES | 3312 € | 4353 € | +1041 € |
| XESTIÓN PROCESUAL | 1870 € | 2560 € | + 690€ |
| TRAMITACIÓN PROCESUAL | 1628€ | 2180 € | +552 € |
| AUXILIO XUDICIAL | 1479 € | 1975 € | +496 € |
*Soldo bruto dun posto de traballo xenérico e sen ter en conta os trienios
LEMBRAMOS QUE GALICIA TIÑA ANTERIORMENTE UN CAT (COMPLEMENTO AUTONÓMICO) PARA TÓDOLOS CORPOS DE 435, 79 EUROS.
TRALOS ACORDOS FIRMADOS POR SPJ-USO TEMOS EN 2023 UN CAT (COMPLEMENTO AUTONÓMICO) PARA OS POSTOS XENÉRICOS DE:
- FORENSES: 718,48 EUROS XESTORES: 671,16 EUROS
TRAMITADORES: 638,37 EUROS AUXILIOS: 632,77 EUROS
E A MAIORES, SOMOS O ÚNICO TERRITORIO ONDE ESTAMOS COBRANDO A CARREIRA PROFESIONAL, NA MAIORÍA DOS CASOS ESTAMOS COBRANDO XA CO GRADO EXTRAORDINARIO 2, QUE SUPÓN EN 2023:
- FORENSES: + 359,14 EUROS XESTORES: + 251,35 EUROS
TRAMITADORES: + 182,33 EUROS AUXILIOS: + 154,75 EUROS
UNHA SIMPLE SUMA do CAT e a CARREIRA PROFESIONAL ACREDITA QUE OS TRABALLADORES DA XUSTIZA GALEGA, CO ACORDO FIRMADO POR SPJ-USO, ESTAMOS NO PODIO DE RETRIBUCIÓNS A NIVEL NACIONAL, e ONDE FALAN OS FEITOS, sobran as PALABRAS. Por todo iso, o 20 de xuño, VOTA SPJ-USO!!!
En SPJ-USO aínda gardamos na memoria a Mesa Sectorial na que se acordou a implantación da nosa carreira profesional, e como algún dos sindicatos non asinantes manifestou literalmente que non a apoiaba porque “ese acordo era unha merda”. Esa merda supón que actualmente cobremos por ese concepto 251, 182 e 154 € respectivamente.
Agora coa implantación do grao II ou concesión do grao I segundo os casos, todos os sindicatos do “Non”, subíronse ó carro. Habería que recordarlles aquela canción dun grupo da movida dos 80, que dicía “Dónde estábais, dónde estábais en los malos tiempos…….”
E o caso é que para chegar a cobrar as cantidades que actualmente percibimos no grao II, había que sacar adiante, negociar e asinar a implantación do grao I, e SPJ-USO así o fixo!!!
E aí estivemos nós, e non estiveron eles…….Bueno, si estiveron….., pero para impugnar e intentar botar abaixo todo o traballo feito por SPJ-USO e todos os sacrificios polos que tiveron que pasar os compañeir@s nunha dura folga. E podemos asegurarvos que todos eses recursos e impugnacións estiveron a punto de deixarnos sen nada.
Xa que como di o vello refraneiro “Nesta vida caduca, o que non traballa non manduca”, e sendo o caso que estos sindicatos pretenden agora que hai eleccións “manducar” sen darlle un pau á auga en catro anos.
SITUACIÓN ACTUAL NA XUSTIZA GALEGA E NACIONAL
Como ben sabedes actualmente estamos inmersos nun conflito laboral co Ministerio de xustiza a nivel nacional que desembocou nunha folga indefinida.Estocomplicouse a maiores co adiantamento das elección xerais para o 23 de Xuño.
A consecuencia máis inmediata é a paralización e decaemento do trámite parlamentario da LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA que era unha das reivindicacións principais da convocatoria da folga. Con esta situación, ademais de concretar as funcións, a reclamación económica pasa ser o punto case único desta mobilización. Neste sentido o Ministerio de xustiza xa deixou ben clara a súa intención de implicar as comunidades autónomas no tocante as retribucións reclamadas, lavándose as mans neste punto. Entón, co adiantamento das eleccións e co ministerio de xustiza en funcións ponse en moito máis valor o noso acordo da carreira profesional. Lembrade que nós xa a estamos percibindo desde o ano 2020, en cambio agora mesmo é unha incógnita cando a cobrará o resto do Estado.
O 20 DE XUÑO…. VOTA SPJ-USO!!!



















