PUBLICADAS NO DOG AS FESTAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DO CALENDARIO LABORAL DO 2027
Publicado el02/07/2026|Comentarios desactivados en PUBLICADAS NO DOG AS FESTAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DO CALENDARIO LABORAL DO 2027
Publicado no DOG o DECRETO 68/2026, do 15 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2027.
👉 As festas do calendario laboral para Galicia no 2027 que se determinan son: ⤵️⤵️
🔴 Aninovo (1 de xaneiro). 🔴 Epifanía do Señor (Día de Reis – 6 de xaneiro) 🔵 San Xosé (19 de marzo) 🔴 Xoves Santo (25 de marzo). 🔴 Venres Santo (26 de marzo). 🔴 Festa do Traballo (1 de maio) 👉 Sábado. 🔵 Día dás Letras Galegas (17 de maio) 🔴 Festa Nacional de España (12 de outubro). 🔴 Todos os Santos (1 de novembro) . 🔴 Día da Constitución Española (6 de decembro). 🔴 Inmaculada Concepción (8 de decembro). 🔴 Natividad do Señor (25 de decembro) 👉 Sábado.
En 2027 teremos 9 + 2 (por coincidir en sábado o 1 de maio e o 25 de decembro; festivos nacionais non substituibles) = 11 días de ASUNTOS PARTICULARES + os canosos.
⚠️ O 25 de xullo e o 15 de agosto caen en domingo
👉 Aos 12 festivos estatais e autonómicos haberá que sumar as dúas festividades locais que dependerán de cada concello.
⚫ Dos 12 festivos de ámbito nacional, 9 son obrigatorios e só poden ser substituídos cando coincidan en domingo (caso do 15 de agosto), ben polo luns seguinte ou ben por outro día que sexa de interese para a Comunidade Autónoma.
👉 En 2027 prodúcese esta circunstancia o 15 de agosto (Asunción da Virxe), polo que Galicia acordou cambialo polo 17 de maio (Día das Letras Galegas).
👉 O 25 de xullo, festivo autonómico normalmente, este ano coincidirá en domingo.
⚫ Dos tres días festivos de carácter opcional, é dicir, que se poden substituír (Día de Reis, Xoves Santo, e San José ou Día Nacional de Galicia), a Comunidade galega sempre opta polo 25 de xullo, pero, ao coincidir en domingo, escolle o 19 de marzo (San José)
⚠️⚠️ De acordo co que dispón o artigo 30.7 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as festas laborais sinaladas terán o carácter de días inhábiles para os efectos de cómputo de prazos.