CONVOCATORIA DE COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE E MESA SECTORIAL – MARTES 10 NOVEMBRO

📢🔊 MOI IMPORTANTE – CONVOCATORIA DE COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE E MESA SECTORIAL – 🗓️ MARTES 10 NOVEMBRO‼️

➡️ A DXX remítenos convocatoria de CSS e da Mesa sectorial de xustiza para o próximo martes 10 de novembro ás 09:15 h na EGAP.

🔴 COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE (09:15 H-11:00 H)

⚠️⚠️ Orde do día:

1. Información sobre GAS RADÓN. Asistirá como convidado D. Alberto Ruano Raviña (Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Director do Laboratorio de Radón de Galicia)

2. Avaliación sobre a necesidade da realización de estudos psicosociais: TI de PONTEAREAS e TI de Vilagarcía de Arousa.

3. Información sobre actuacións e obras. Nos próximos días remitirase a información de detalle das obras.

4. Rogos e Preguntas.

👉 Xunto coa convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral achégase a seguinte documentación:

– Acta do Comité de Seguridade e Saúde Laboral do 30 de xuño de 2026.
– Avaliacións de riscos realizadas e remitidas dende o último CSSL.
– Adaptacións de postos por motivos de saúde e adscricións por motivos de saúde.
– Accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

🔴 MESA SECTORIAL DE XUSTIZA (11:00 H)

⚠️⚠️ Orde do día:

1. Orzamentos 2027. Información sobre a creación de novas prazas de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Modificación das RPT.

2. Implantación do sistema procesual ATENEA.

3. Convocatoria EXTRAORDINARIA traxectoria profesional.

4. Calendario laboral 2027.

5. Acordo sobre actuacións conxuntas a adoptar na Administración de Xustiza por activación de protocolos de calquera tipo de acoso laboral estando afectada máis dunha Administración Pública.

6. Proposta de ampliación do periodo para gozar das vacacións e dos asuntos particulares 2026 a solicitude de SPJ-USO.

7. Información sobre a comarcalización das seccións de VSM de Vigo, Pontevedra e Lugo, datas e medidas de persal e medios materiais.

8. Gardas 24 h no IMELGA.

9. Rogos e preguntas.

👉 Xunto con esta convocatoria achégase a seguinte documentación:

– Acta asinada da última mesa sectorial celebrada o pasado 2 de xuño de 2026
– Proposta de calendario laboral 2027. Infórmase de que foron eliminados algúns artigos porque aparecen de forma literal na resolución de permisos, vacacións e licenzas.
– Acordo sobre actuacións conxuntas a adoptar na Administración de Xustiza por activación de protocolos de calquera tipo de acoso laboral estando afectada máis dunha Administración Pública. Informado polo Ministerio de xustiza á espera da súa sinatura.
– O documento coa proposta da traxectoria será remitido proximamente.

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.