Archivo diario: 21/02/2025

SPJ-USO PRESENTA ESCRITO SOLICITANDO E ESIXINDO MESA SECTORIAL DE RETRIBUCIÓNS

SPJ USO GALICIA PRESENTA ESCRITO SOLICITANDO E ESIXINDO MESA SECTORIAL DE RETRIBUCIÓNS.

ℹ️➡️ SPJ USO presentou escrito ante a Secretaria Xeral Técnica da Conselleria de Presidencia, Xustiza e Deporte, a Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico e a Dirección Xeral de Xustiza solicitando a convocatoria dunha MESA SECTORIAL DE RETRIBUCIÓNS XA, tendo en conta a situación actual e que a nova implantación dos Tribunais da Instancia provocará unha modificación e empeoramento substancial das condicións laborais do persoal de xustiza!!!

Dende SPJ USO Galicia facemos un chamamento ao resto de forzas sindicais para que entre todos xuntos defendamos os dereitos dos traballadores de xustiza.

SPJ-USO está aberto á negociación con todas as partes implicadas.

Amplía información e accede á CIRCULAR MESA SECTORIAL DE RETRIBUCCIÓNS

 

Accede a circular en pdf: ⤵️⤵️

CIRCULAR MESA SECTORIAL DE RETRIBUCCIÓNS

Accede aos xustificantes de presentación:⤵️⤵️

Xustificante-ante a DXX

Xustificante-DIRECCIÓN XERAL DE ORZAMENTOS E
FINANCIAMENTO AUTONÓMICO)

Xustificante-SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE
PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS 21-02-2025

SUBSTITUCIÓNS

📢🔊ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS  14/02/2025 ‼

 

 

ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o 14/02/2025.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

20250221_ResoluciónAdxudicación 

 

 

 

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS COMDIX

No DOG de hoxe, 21 de febreiro, publícase  a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel iniciación.

1. As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web do CeMIT: https://cemit.xunta.gal.

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición será de SETE DIAS NATURAIS a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

4. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante e serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario. So existe unha edición que se desenvolverá nos seguintes dias: 2, 3 e 4 de abril

Toda a información sobre este certificado ComDix atópase na páxina web:  https://competenciasdixitais.xunta.gal/

▶▶  Accede ó contido íntegro da convocatoria no DOG aquí.