Archivo diario: 13/02/2025

PUBLICADA RESOLUCION DEFINITIVA DAS COMISIONS DE SERVIZO PARA IMELGA DO 20/01/2025

COMISIÓNS DE SERVIZO EN GALICIA (IMELGA).  

➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 20 de xaneiro. (Director/a do Instituto de Medicina Legal de Galicia- Sede Santiago de Compostela)

👉A incorporación ao posto de traballo en comisión de servizos producirase na data de efectos administrativos indicados na resolución.

👉 En todo caso, o posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo pola persoa adxudicataria da comisión de servizos. No caso de que a incorporación non se faga efectiva na data indicada na resolución de adxudicación, entenderase que a persoa interesada renuncia á praza e decaerá no seu dereito; a praza adxudicarase, de ser o caso, á seguinte persoa solicitante segundo a orde obtida na valoración de solicitudes.

🔴 Contra a resolución ditada, poderase formular recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 8.2, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

▪️ Accede ás adxudicacións definitivas: ⤵️

ADXUDICACIÓN COMISIÓNS SERVIZO 

EGAP: CONVOCATORIA DE CURSOS DE IDIOMAS E LINGUAXE DE SIGNOS

A EGAP acaba de convocar distintos cursos de idiomas e de linguaxe de signos  aos que podemos acceder os funcionarios da administración de xustiza con destino en Galicia.

Solicitudes e prazos: 

ℹ️➡️ O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de febreiro de 2025. 

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse me diante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/
matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.
As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. 

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.

Sigue leyendo