Archivo diario: 26/02/2025

A DXX MANTÉN A CONVOCATORIA DE MESA SECTORIAL PARA O LUNS 3 DE MARZO (LEI DE EFICIENCIA TRIBUNAIS DE INSTANCIA, RPTs, CAT/C.E….

ATA AS NARICESA DXX, tras consulta cos sindicatos respecto da suspensión de mesa sectorial solicitada, remítenos mail co seguinte contido literal: «Pola presente infórmase que en relación á consulta formulada obtivéronse respostas dispares sen un pronunciamento maioritario claro, polo que a Dirección Xeral mantén a data prevista para a convocatoria de mesa sectorial para o próximo día 3 de marzo ás 11:00 h modificando a Orde do día, tratando así de dar resposta ao sentir maioritario de abordar na orde do día o referente ás retribucións dentro do proceso de elaboración das RPT.

 Orde do día: ⤵️⤵️

  • Aprobación da acta da sesión anterior.
  •  Información sobre o estudo a realizar para a determinación do CE/CAT nas diferentes RPT.
  • Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza do municipio.
  • Negociación da proposta de RPT das oficinas xerais do rexistro civil. Fase I
  • Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza. Fase I
  • Rogos e preguntas

▪️ Amplía información e accede á postura de SPJ-USO: ⤵️⤵️

🔗 https://spjusogalicia.com/spj-uso-esixe-a-suspesion-da-mesa-sectorial-convocada-para-o-3-de-marzo%e2%80%bc/

CHAMAMENTOS DE INTERINOS GALICIA 26/02/2025

interinos

A Dirección Xeral de Xustiza autorizou chamamentos de persoal interino para que presten servizos nos seguintes órganos, que relacionamos por provincias:

A CORUÑA

  • IMELGA, SUBD. TERRITORIAL SANTIAGO, MÉDICO FORENSE, ZONA 2, REFORZO
  • XDO. DO PENAL N.1 FERROL, CXPA, ZONA 1, VACANTE
  • XDO.PRIM.INST. N.16 A CORUÑA,CXPA, ZONA 1, VACANTE
  • XDO. DE PAZ PORTO DO SON, CAX, ZONA 2, LICENZA POR ENF.
  • XDO. DO PENAL N.2 SANTIAGO, CAX, ZONA 2, VACANTE
  • AUD. PROV. OFICINA REXISTRO REPARTO A CORUÑA, CAX, ZONA 1, BAIXA POR ENF.

CHAMAMENTOS FÓRA DO OPAX

  • XDO. PRIM. INST. N.7 A CORUÑA, CTPA, LIC ENFERMIDADE
  • XDO. PR. INST. E INSTR. N.3 RIBEIRA,CTPA, LIC. ENFERMIDADE
  • FISCALÍA PROVINCIA A CORUÑA, CTPA, LIC. ENFERMIDADE

PONTEVEDRA

  • XDO. PR. INST. E INSTR. N. 1 VILAGARCIA DE AROUSA, CXPA, ZONA 1, SUBSTITUCIÓN DO TITULAR
  • XDO. PRIM. INST. N. 13 VIGO, CTPA, ZONA 2, SUBSTITUCIÓN DO TITULAR
  • IMELGA. SUBD. TERRITORIAL DE VIGO, CTPA, ZONA 2, COMISIÓN DE SERVIZOS
  • DECANATO. OF. REXISTRO E REPARTO PONTVEDRA, CAX, ZONA 1, BAIXA POR ENF.
  • XDO. PR. INST. E INSTR. Nº MARÍN, CAX, ZONA 1, LICENZA POR ENF.
  • XDO PAZ DE BUEU, CAX, ZONA 1, BAIXA POR ENF.

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES -26/02/2025

NOVAS SUBSTITUCIÓNS ENTRE TITULARES 26/02/2025

SUBSTITUCIÓNS

ℹ️➡️ Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision

🔗https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:635621af-97f6-4564-8e22-7c082f5b4cc0

🔴 PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de tres 3⃣ días hábiles desde o día seguinte ao da publicación (27, 28 de febreiro e 3 de marzo).

🔴 Modelo de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

🔴 As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

👉 O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

👉 Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️ Accede á normativa 2022 que regula as substitucións:

Haz clic para acceder a SUBSTITUCIONS-normativa-2022-x.pdf

🔴 Postos de traballo ofertados: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular.

▪️ Adxuntamos arquivo coas SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS. ⤵️⤵️

🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:635621af-97f6-4564-8e22-7c082f5b4cc0