Archivo diario: 24/02/2025

CONVOCADA MESA SECTORIAL COA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA O 3 DE MARZO

A DXX ven de convocarnos a unha MESA SECTORIAL o vindeiro LUNS 3 DE MARZO  na sala Colmeiro na EGAP, ás 11:00 h

ℹ️➡️ Convocada unha reunión da Mesa sectorial de Xustiza para o próximo luns 3 de marzo, ás 11:00 horas, na sala Colmeiro da EGAP, coa seguinte orde do día: 👇👇

🔴 Aprobación da acta da sesión anterior.
🔴Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza do municipio.
🔴 Negociación da proposta de RPT das oficinas xerais do rexistro civil. Fase I
🔴 Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza. Fase I
🔴 Rogos e preguntas

PUBLICADOS POLO EGAP CURSOS DE INFORMÁTICA (LibreOffice) E UNIÓN EUROPEA

Escola Galega de Administración Pública – Publicado no DOG RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2025 pola que se convocan as actividades de formación continua .

Os funcionarios de xustiza podemos participar nos seguintes cursos:

☑️ Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

☑️ Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

☑️PRAZO  DE SOLICITUDES: desde 21 de febreiro ata o 27 de febreiro 2025

☑️SOLICITUDE: CUBRIR O FORMULARIO DE MATRÍCULA NA PACINA WEB DA EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula&gt;

☑️ O número máximo de cursos que se poden solicitar SON CINCO.

▪️ Amplía informacion:⤵️⤵️

Amplía información e ACCEDE Á PUBLICACIÓN NO DOGA