Archivo diario: 07/02/2025

TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA E CORPO DE AUXILIO XUDICIAL, QUENDA LIBRE, ORDE PJC/64/2024, DO 25 DE XANEIRO. AVALIACIÓN DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA

Na intranet de xustiza vense de publicar a seguiente nota en relación coa proba de acreditación do idioma galego nos corpos de tramitación e auxilio: 

A proba de coñecemento da lingua galega terá lugar o día 25 de febreiro de 2025, ás 9:00h, na Aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.

A acreditación dos tres niveis (Celga 4, linguaxe xurídica de nivel medio e linguaxe xurídica de nivel superior) axustarase ao establecido na Orde do 16 xullo 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG do 30 de xullo de 2007), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de febreiro de 2014), e mais na Orde do 1 de abril de 2005 (DOG do 14 de abril de 2005).

As probas desenvolveranse do seguinte xeito:

9:00 h-10:00 h. Proba de linguaxe xurídica de nivel superior
10:10 h-11:10 h. Proba de linguaxe xurídica de nivel medio
11:10 h-11:40 h. Descanso
11:40 h-13:00 h. Proba do Celga 4

As valoracións cualificaranse como APTO/A ou NON APTO/NON APTA. Para acadar a acreditación de apto/a no nivel de linguaxe xurídica superior é preciso ou ben obter a cualificación de apto/a nos niveis de linguaxe xurídica media e Celga 4, ou ben documentalo.

Ver o contido íntegro da nota no seguinte enlace :nota-realizacion-probas-galego-tramit-auxilio

 

PUNTUACIÓN IDIOMA AUTONÓMICO GALLEGO: TRAMITACIÓN-ESTABILIZACIÓN-CONCURSO OPOSICIÓN

En la página web del Ministerio de Justicia acaba de publicarse la puntuación del idioma Gallego correspondientes a la convocatoria de Tramitación Procesal y Administrativa, acceso libre, estabilización concurso oposición, Orden JUS/1327/2022, de 28 de diciembre (BOE de 30 de diciembre)

Podéis acceder a las puntuaciones en el siguiente enlace: 

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/puntuacion-idioma-gallego.pdf

SUBSTITUCIÓNS – NOVAS PRAZAS OFERTADAS 7/2/2025

SUBSTITUCIÓNS

Publicados novos avisos de desocupación de postos na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería.

PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DIAS HÁBILES desde o día seguinte ao da publicación (10, 11 e 12 de febreiro). 

MODELO DE SOLICITUDE: Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web https://opax.xunta.es

As prazas ofértanse conxúntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.

O persoal funcionario que na data da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais; Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

▪️ Accede á normativa 2022 que regula as substitucións:

https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:cea57c76-e404-43ba-a62c-ebfca6cce0fc

🔴 POSTOS DE TRABALLO OFERTADOS: Os relacionados no Anexo I da resolución, coa indicación da causa que motiva a ausencia do seu titular

ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS – 07/02/2025‼

SUBSTITUCIÓNS

📢🔊 ADXUDICACIÓNS DE SUBSTITUCIÓNS  07/02/2025 ‼

ℹ️➡️ Publicada na intranet de Xustiza (https://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/concursos-e-provision a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a última convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas o 31/01/2025.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

Accede á Resolución de Adxudicacións

DOG- Convocados cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

DOG 7/2/2025- Convocados cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

ℹ️➡️RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4, presenciais e en liña (ver anexo I e II).

🔴 INSCRICIÓN: As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. Tras accederen á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición

🔴 O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

▪️ Amplía información e accede ó DOGA: ⤵️⤵️
🔗 https://www.xunta.gal/dog/convoc-prepar-celga-.html