Archivo diario: 11/02/2025

NOVAS COMISIÓNS DE SERVIZO OFERTADAS HOXE 11/2/2025

COMISIÓN DE SERVIZO

NOVAS PRAZAS OFERTADAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS 11 de febreiro 2025.

 

Publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en Comisión de Servizo de postos de traballo entre persoal funcionario da Administración de Xustiza.

ACCEDE A RESOLUCIÓN: Accede á RESOLUCIÓN AQUÍ.

🔴SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5 DIAS HÁBILES.

🔴 Solicitantes: o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

🔴 Prazo e modelo para presentar as solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución de 21/3/2022

Coa solicitude débese adxuntar (ou acreditar que se solicitou) o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza. (https://spjusogalicia.com/comisions-de-servizo-documentacion-necesaria-e-modelos-para-solicitudes-e-emision-de-informes/)

ERRO NA NÓMINA DE XANEIRO DOS XESTORES-CARREIRA PROFESIONAL

📢🔊 ERRO NA NÓMINA DE XANEIRO DE ALGÚNS XESTORES (OS QUE ACCEDERON Ó GRADO 2 EN 2024) REFERENTE Á CARREIRA PROFESIONAL‼️

 

ℹ️➡️ Trala reclamación presentada por SPJ-USO, a DXX remítenos mail co seguinte contido: «Debido a un erro informático ao persoal do corpo de Xestión procesual e administrativa ao que se lle recoñeceu na convocatoria de 2024 o grao II na traxectoria profesional percibiu, na nómina de xaneiro 85,40 € no lugar dos 106,76€ (o 66 % do grado) que lles corresponderían. O problema xa está solucionado e na nómina de febrero deberán percibir o importe correcto e o importe non percibido en xaneiro

🔴 Lembrade que cada grado na Traxectoria Profesional dos Xestores son 🪙 161,75 euros.

 

MEDICOS FORENSES-MERITOS-QUENDA LIBRE-DISCAPACIDADE. PUBLICADO NO BOE RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

Médicos Forenses: Publicado no boe de hoxe a Orde PJC/127/2025, do 4 de febreiro, pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e noméase o Tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario para acceso, quenda libre, polo sistema selectivo de concurso de méritos, reservado a persoas con discapacidade, no Corpo Nacional de Médicos Forenses, convocado por Orde PJC/1356/2024, do 19 de novembro.


▪️ Amplía información: ⤵️⤵️

🔗 Disposición 2510 del BOE núm. 36 de 2025