DOG- Convocados cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

DOG 7/2/2025- Convocados cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

ℹ️➡️RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4, presenciais e en liña (ver anexo I e II).

🔴 INSCRICIÓN: As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. Tras accederen á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición

🔴 O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

▪️ Amplía información e accede ó DOGA: ⤵️⤵️
🔗 https://www.xunta.gal/dog/convoc-prepar-celga-.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.