Archivo mensual: septiembre 2022

ÚLTIMA HORA OPOSICIÓNS PROMOCIÓN INTERNA: OS EXAMES SERÁN O DÍA 8 DE OUTUBRO (PENDENTE A RATIFICACIÓN OFICIAL EN PRÓXIMOS DÍAS)

OPOSICIÓNS

ÚLTIMA HORA  OPOSICIÓNS PROMOCIÓN INTERNA PARA XESTIÓN E TRAMITACIÓN.  OEP 2019/20/21, A DATA DOS EXAMES SERÁ O  8  DE OUTUBRO

Dende SPJ-USO estamos en disposición de confirmar que, PENDENTE A RATIFICACIÓN OFICIAL EN PRÓXIMOS DÍAS, a data dos exames de Promoción Interna de Xustiza será o   8 DE OUTUBRO para ambos exames (Xestión e Tramitación).

 _Manterémosvos puntualmente informados!!!_

MÉDICOS FORENSES: LISTAXE PROVISIONAL DE VACANTES PARA O CONCURSO DE TRASLADOS DO 2022

 

A Dirección Xeral de Xustiza de Galicia remite a listaxe provisional de vacantes para o concurso de Médicos Forenses 2022.

Pola Dirección Xeral de Xustiza remítese a relación provisional de vacantes para o concurso de traslados de médicos forenses do ano 2022.

LISTAXE DE VACANTES PARA CONCURSO DE TRASLADOS MÉDICOS FORENSES 2022

BOLETÍN SEMANAL DE NOTICIAS DE SPJ-USO DO 5 AO 11 DE SETEMBRO

BOLETÍN SEMANAL

ACCEDE AO NOSO BOLETIN SEMANAL DE NOTICIAS NO SEGUINTE ENLACE:

BOLETIN DO 5 Ó 11 SETEMBRO

Nomeamento no concurso específico para a praza de Fiscalía de Santiago de Compostela.

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se se designa a comisión de Valoración do concurso específico para a provisión dun posto de traballo vacane na Fiscalía de Área de Santiago de Compostela.

Podedes acceder aquí o documento:⤵⤵⤵
Resolución nomeamento da comisión específica

 

ACCIÓN SOCIAL 2022: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Hoxe día 9 de setembro mantivemos reunión coa DXX na cal déusenos a coñecer os datos das listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2022.

Os datos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:

  • NÚMERO TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTAS: 143 das cales 134 son solicitudes simples, 8 dobres e 1 tripla.
  • NÙMERO TOTAL DE BENEFICIARIOS: 153
  • SOLICITUDES ADMITIDAS PROVISIONALMENTE: 135 que corresponden a 145 beneficiarios.
  • SOLICITUDES DENEGADAS : 8 as cales corresponden a 8 beneficiarios.

Asimesmo, a DXX infórmanos de que nos próximos días será remitido o DOG e será publicado neste mes. Lembrade que desde o día seguinte á súa publicación disporedes de 10 días hábiles para a subsanación de defectos.

A data de pagamento, como todos os anos, non será antes de finais do mes de outubro.

Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar programas de acción social como son axuda por fillos, por estudios, transporte, etc.

Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!