Hoxe día 9 de setembro mantivemos reunión coa DXX na cal déusenos a coñecer os datos das listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2022.
Os datos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:
- NÚMERO TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTAS: 143 das cales 134 son solicitudes simples, 8 dobres e 1 tripla.
- NÙMERO TOTAL DE BENEFICIARIOS: 153
- SOLICITUDES ADMITIDAS PROVISIONALMENTE: 135 que corresponden a 145 beneficiarios.
- SOLICITUDES DENEGADAS : 8 as cales corresponden a 8 beneficiarios.
Asimesmo, a DXX infórmanos de que nos próximos días será remitido o DOG e será publicado neste mes. Lembrade que desde o día seguinte á súa publicación disporedes de 10 días hábiles para a subsanación de defectos.
A data de pagamento, como todos os anos, non será antes de finais do mes de outubro.
Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar programas de acción social como son axuda por fillos, por estudios, transporte, etc.
Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.
POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!