Archivo diario: 26/09/2022

RESOLUCIÓN DA DXX ADXUDICANDO AS SUBSTITUCIÓNS DO 19/09/22

SUBSTITUCIÓNS

No día de hoxe saiu publicada a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución ofertadas en data 19/09/2022

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución.

Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

O posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo, salvo causa xustificada, pola persoa adxudicataria da substitución, mesmo con interrupción, de ser o caso, do desfrute de vacacións, lidenzas ou permisos, que en todo caso terán que ser informados polo órgano de destino e autorizados pola correspondente  xefatura territorial de acordo coas necesidades do servizo.

Os correspondentes  acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados a súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.

Accede á resolución⤵️⤵️

Resolucion adxudicación substitucións

 

PUBLICADO NO BOE OS NOMEAMENTOS DOS NOVOS SECRETARIOS/AS COORDINADORES DAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS

PUBLICADO NO BOE OS NOMEAMENTOS DOS NOVOS SECRETARIOS COORDINADORES: O pasado sábado 24 de setembro publicaronse no BOE, os nomeamentos dos secretarios/as coordinadores de Galicia.

ANEXO
  • Nombre: Adelaida Vega Hernández. Puesto de trabajo actual: Juzgado de lo Social número 6 de A Coruña. Puesto de trabajo concedido: Secretaria Coordinadora Provincial de A Coruña.
  • Nombre: María del Carmen Varela Rebolo. Puesto de trabajo actual: Secretaria Coordinadora Provincial de Lugo. Puesto de trabajo concedido: Secretaria Coordinadora Provincial de Lugo.
  • Nombre: Marcos González Joly. Puesto de trabajo actual: Juzgado de Penal número 1 de Ourense. Puesto de trabajo concedido: Secretario Coordinador Provincial de Ourense.
  • Nombre: José Miguel Formoso Sobrado. Puesto de trabajo actual: Juzgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela. Puesto de trabajo concedido: Secretario Coordinador Provincial de Pontevedra.

PROBLEMÁTICA COA MATRICULACIÓN NA FORMACIÓN EN LIÑA SOBRE O EXPEDIENTE DIXITAL

O venres pasado , ante a multitude de queixas referentes ó «Plan de reforzo do coñecemento AXE na súa versión en liña» e posta por SPJ-USO a problemática, consistente na non recepción dos correos electrónicos coa chave para a automatriculación, en coñecemento da Dirección Xeral de Xustiza, acaban de informarnos a SPJ-USO de que veñen de reenviar as ditas contrasinas masivamente a tódolos órganos, ó mail do Xulgado (non ó dos lax).

👉 Recibida a clave por mail, podederes proceder á matrícula voluntaria nos cursos en liña sobre o expediente dixital a través do enlace dispoñible na INTRANET.

🔴 SPJ-USO segue a solicitar a mellora e ampliación da formación, e especialmente da formación sobre ADMINISTRACIÓN XUDICIAL ELECTRÓNICA (AXE).