Archivo diario: 09/09/2022

Nomeamento no concurso específico para a praza de Fiscalía de Santiago de Compostela.

Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se se designa a comisión de Valoración do concurso específico para a provisión dun posto de traballo vacane na Fiscalía de Área de Santiago de Compostela.

Podedes acceder aquí o documento:⤵⤵⤵
Resolución nomeamento da comisión específica

 

ACCIÓN SOCIAL 2022: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Hoxe día 9 de setembro mantivemos reunión coa DXX na cal déusenos a coñecer os datos das listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2022.

Os datos que nos proporcionou a DXX son os seguintes:

  • NÚMERO TOTAL DE SOLICITUDES PRESENTAS: 143 das cales 134 son solicitudes simples, 8 dobres e 1 tripla.
  • NÙMERO TOTAL DE BENEFICIARIOS: 153
  • SOLICITUDES ADMITIDAS PROVISIONALMENTE: 135 que corresponden a 145 beneficiarios.
  • SOLICITUDES DENEGADAS : 8 as cales corresponden a 8 beneficiarios.

Asimesmo, a DXX infórmanos de que nos próximos días será remitido o DOG e será publicado neste mes. Lembrade que desde o día seguinte á súa publicación disporedes de 10 días hábiles para a subsanación de defectos.

A data de pagamento, como todos os anos, non será antes de finais do mes de outubro.

Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña, un ano máis, os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo e tentaremos que por tódolos medios ó noso alcance recuperar programas de acción social como son axuda por fillos, por estudios, transporte, etc.

Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe da masa salarial destinada a este fin ata alcanzar o 1 %.

POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA!!!!

RESOLUCIÓN do 29/8/22, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

1. Obxecto. Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4, no ano 2022, con código de procedemento administrativo PL500C.

2. Persoas destinatarias. As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

3. Datas de realización das probas. As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

4. Localidades onde se van realizar as probas e niveis. As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

5.- Prazo.– O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

ACCEDE AO DOGA⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220909/AnuncioG0655-300822-0001_gl.html