Archivo mensual: septiembre 2022

RESOLUCIÓN do 29/8/22, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

1. Obxecto. Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4, no ano 2022, con código de procedemento administrativo PL500C.

2. Persoas destinatarias. As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

3. Datas de realización das probas. As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

4. Localidades onde se van realizar as probas e niveis. As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

5.- Prazo.– O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

ACCEDE AO DOGA⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220909/AnuncioG0655-300822-0001_gl.html

 

IMPORTANTE – A PRÓXIMA SEMANA (ENTRE O 12 OU 13 DE SETEMBRO) ENTRAN EN VIGOR AS NOVAS BOLSAS DE INTERINOS

A Dirección Xeral de Xustiza ten previsto que a semana próxima se publiquen e entren en funcionamento as novas bolsas de interinos.

Polo que é inminente a entrada en vigor e os chamamentos en base a a esa nova bolsa de interinos.

RECORDATORIO:

Asimismo recordamos que mañá dia 9 de setembro do 2022 FINALIZA o prazo para a elección de bolsa, aquelas persoas aspirantes que estean incluidas tanto en bolsa como en baremados sen bolsa e distintos corpos, ou en distintas provincias da mesa bolsa, deben seleccionar aquela unica na cal desexan quedar.

IMPORTANTE: SE NON O FIXERAN, ENTENDERASE QUE DESISTEN DAS SÚAS SOLICITUDES.

ADXUDICACIÓNS DAS SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS O 31/8‼️

📢🔊 ADXUDICACIÓNS DAS SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS O 31/8‼️

ℹ️➡️ 8/9/2022 – Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución.

▪️ Amplía información e accede á resolución e adxudicacións: ⤵️⤵️

20220908_Resolucion adxudicación substitucións

NOTA INFORMATIVA SOBRE A SUSPENSIÓN E A RENUNCIA Á BOLSA DE INTERINOS

IMPORTANTE BOLSA DE INTERINOS: A DXX ven de remitirnos una nota informativa sobre a suspensión e a renuncia á bolsa de persoal interino 

Aquí vos deixamos o contido da devandita nota:👇👇

VAISE DESENVOLVER NOS PROXIMOS DIAS UN PLAN DE REFORZO PRESENCIAL DO COÑECEMENTO E USO OPERATIVO DO EXE

Nos próximos días, vaise desenvolver un plan de reforzo presencial do coñecemento e uso operativo do EXE nos órganos xudiciais enfocado á formación do expediente xudicial dixitalizado e á realización das comunicacións telemáticas para apoiar no cumprimento das Instruccións 1/2022, 2/2022 e 3/2022 da Secretaría de Goberno. Agradeceriámosvos a divulgación desta información entre o persoal interesado.

Os obxectivos destas sesións son os seguintes:

  • Impulsar o Expediente Xudicial Electrónico.
  • Difundir boas practicas no uso de documentos dixitais, no cumprimento dos pasos e nos hábitos funcionais de usos dos sistemas para conformar o Expediente Xudicial Electrónico, co obxectivo de garantir a fiabilidade e o correcto procesamento dos datos incluídos no EXE, facilitando o acceso e a explotación da información que contén.
  • Aumentar e fixar o coñecemento sobre os procesos e uso operativo dos sistemas que dan soporte ao Expediente Xudicial Electrónico.
  • Divulgar e ampliar o modelo de aprendizaxe e as ferramentas ao servizo dos usuarios desde o seu posto de traballo. Orientar ás persoas usuarias cara a procura da información de soporte nas canles existentes: Intranet e a plataforma de teleformación.

Achegamos documento co plan de reforzo presencial e online nos órganos e, a continuación, trasladámosvos as datas planificadas para as sesións presenciais por cada provincia para a primeira quincena de setembro coas que atenderemos órganos de Instrucción, Penal, Menores e Mixtos.

Provincia Municipio Órgano Data Horario
Lugo Lugo Instrución 1

12/09/2022

9h-11:30h
Lugo Lugo Instrución 3

12/09/2022

11:45-14:15h
A Coruña Ribeira Mixto 1

12/09/2022

9h-11:30h
A Coruña Ribeira Mixto 2

12/09/2022

11:45-14:15h
Ourense Ourense Instrución 3

12/09/2022

9h-11:30h
Ourense Ourense Menores

12/09/2022

11:45-14:15h
A Coruña A Coruña Instrucción 1

13/09/2022

9h-11:30h
A Coruña A Coruña Instrucción 2

13/09/2022

11:45h-14:15h
Ourense Ourense Instrucción  1

13/09/2022

9h-11:30h
Ourense Ourense Instrucción 2

13/09/2022

11:45-14:15h
A Coruña Muros Mixto 1

14/09/2022

9h-11:30h
Pontevedra Pontevedra Instrución 1

15/09/2022

9h-11:30h
Pontevedra Pontevedra Instrución 3

15/09/2022

11:45h-14:15h
A Coruña Santiago Instrución 2

15/09/2022

9h-11:30h
A Coruña Santiago Penal 1

15/09/2022

11:45-14:15h
A Coruña A Coruña Instrución 3

16/09/2022

9h-11:30h
A Coruña A Coruña Instrución 4

16/09/2022

11:45-14:15h
A Coruña Santiago Instrución 1

16/09/2022

9h-11:30h
A Coruña Santiago Instrucción 3

16/09/2022

11:45-14:15h
ADXUNTAMOS  PLAN DE REFORZO NOS ORGANOS EN PDF.-

20220902_Plan presencial de reforzo nos órganos (2)

         SPJ-USO SOLICITA EN REITERADAS OCASIÓNS:  A RECUPERACION DA FIGURA DO FORMADOR
Desde hai anos vimos solicitando á DXXustiza e á OFICINA DE POLITICA LINGÜISTICA, o nomeamento dun ou varios formadores para cubrir a problemática que sofre esta Administración desde hai moito tempo, #ante a necesidade dun persoal cualificado, dada a materia especifica de xustiza, con coñecementos xurídicos para o tramite dos procedemento, por tanto impera a necesidade de FORMAR, para  unha aprendizaxe rápida e efectivo.
Proba diso é a presentación de escritos #ante a DXXustiza e a OFICINA DE POLICITA LINGÜISTICA, REÚNIONES COS ENCARGADOS DE  FORMACIÓN solicitando a recuperación da figura de formador,  que están colgados no noso blogue e dos cales no seu día informamos os traballadores. En cada unha das provincias hai compañer@s que queren dedicarse á formación e así liquidar o problema  de raíz e deste xeito cada vez que  l@s interin@s ou  l@s funcionari@s aprobade@s  en cada concurso de traslados incorporásense ao seu posto de traballo , terían mais facilidade para realizar as súas tarefas de maneira mais eficaz, rápida e produtiva, xa que de entrada nin sequera coñecen o programa informático ao ser específico e en moitas ou case todas as ocasións a materia.
Algúns exemplos dos escritos presentados por este Sindicato solicitando o nomeamento dun FORMADOR ou TITORES dos propios xulgados son os seguintes:
  • En data 17 de xaneiro de 2022, SPJ-USO REITERA a recuperación da figura do formador para dar unha solución á problemática que se repite ano tras ano ou ben se nomee como titor algún funcionario do Xulgado que poida ensinar ao novo funcionario.

                        Achegamos escrito presentado.-      formador-17.1.22

  • Mediante escrito de  data 7 de maio de 2021, SPJ-USO SOLICITA de novo a recuperación da figura dun formador para resolver a necesidade da formación presencial

                      Achegamos o escrito: ESCRITO-SOLICITANDO-FORMADOR-2

  • Así mesmo mediante escrito de  data 4 de marzo de 2021 SPJ-USO REITERA e SOLICITA a formación presencial, de maneira inmediata para cubrir as necesidades dunha aprendizaxe rápida e eficaz que impera nos xulgados.

                         Achegamos escrito:  solicitud-formacion

Algún Sindicato no día de onte, difundiu un escrito filtrado por algún coordinador xudicial, querendo anotarse un logro coa devandita información, do que non  teñen nin idea, nin moveron un dedo por esta tema.