ACCIÓN SOCIAL: PRÓXIMA PUBLICACIÓN NO DOG DOS CRITERIOS DE REPARTICIÓN

A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicarnos que o próximo mércores 29 de xuño publicaranse no DOG a resolución pola que dá publicidade os criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2022 para o persoal da Administración de xustiza destinado en Galicia.

TERÁN A CONDICIÓN DE BENEFICIARIOS:

Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33% que reúnan os requisitos establecidos e os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos apartados anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33%.

PRAZO DE SOLICITUDES: 15 DÍAS HÁBILES DENDE O DIA SEGUINTE Á PUBLICACIÓN.

Dende SPJ-USO, mostramos o noso rexeitamento a esta «acción social recortada» e instamos de novo á DXX a súa retirada e que se recollan e inclúan as alegacións feitas por este sindicato: A reposición dos programas existentes antes do ano 2011, é dicir:

  • AXUDA POR FILLOS
  • AXUDA DE ESTUDOS DE FUNCIONARIOS E FILLOS A INCLUSIÓN DE ENFERMEDADES CRÓNICAS COMO PODEN SER O KRON.
  • E POR SUPOSTO, MANTENDO O ÚNICO PROGRAMA QUE HAI NA ACTUALIDADE, O DE DISCAPACIDADE.

E todo isto chegando o 1% da masa salarial, e non aportando a ridícula cantidade de 21.911 euros, nun colectivo de máis de 2.500 funcionarios, cando no ano 2011 sobrepasou os 200.000 euros.

Los comentarios están cerrados.