NO DIA DE HOXE 17/06/2022 PUBLÍCASE A NOVA ORDE DE SUBSTITUCIÓNS

SUBSTITUCIÓNS

No día de hoxe publicase no DOG a  Resolución do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

As principais novidades, como xa adiantamos son as seguintes:

 🔴 PRAZAS QUE SE OFERTARÁN EN SUBSTITUCIÓN:

  1. LICENCIAS (incluídas licencias por enfermidade – IT)
  2. PERMISOS DE LARGA DURACIÓN,
  3. PRAZAS NON OCUPADAS TRAS SER OFERTADAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS,
  4. PRAZAS DESOCUPADAS POR ESTAR O SEU TITULAR EN COMISIÓN DE SERVIZOS.

🔴LONGA DURACIÓN: enténdese longa duración unha duración previsible de 61 días naturais ou mais.

🔴PREFERENCIA: SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS SOBRE AS HORIZONTAIS.

🔴REQUISITOS DOS SOLICITANTES: Funcionarios destinados en Galicia en servizo activo; caso de estar desempeñando un posto en Comisión ou Substitución deben levar 6 meses no posto respectivo.

A praza desocupada por estar o seu titular en SUBSTITUCIÓN será cuberto en todo caso por persoal INTERINO.

🔴 AS SUBSTITUCIONES DENTRO DA MESMA UNIDADE:

No caso de haber máis dunha persoa interesada terá preferencia:

  1. Quen teña maior antigüidade na unidade.
  2. En segundo lugar, quen teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, no seu caso, á orde xurisdicional e, de persistir o empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

🔴 SOLICITUDES: PRAZO DE 3 DÍAS E TELEMATICAMENTE A TRAVÉS DA OPAX

🔴 TRAMITACION DAS SUBSTITUCIONS NO CASO DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS:

No caso de prazas ofertadas en comisión de servizo,  de non haber solicitantes ou non reunir estos os requisitos esixidos, o posto poderá ser cuberto por sustitución, iníciase de oficio a tramitación para cobertura en substitución das ditas prazas, coa finalizade de acurtar temporalmente a cobertura da praza.

🔴  CRITERIOS DE ADXUDICACION:

1.- Cando haxa varias persoas interesadas do corpo inferior, terá preferencia para realizar a substitución a persoa destinada dentro do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, no seu caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

2.-De non haber candidatos/ as do corpo inferior, concederase unha substitución horizontal. Sen prexuízo do anterior, no caso de concorrencia de varias persoas interesadas resolverase a favor daquelas do mesmo centro de destino. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, terá preferencia a que teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino, atendendo, no seu caso, á orde xurisdicional e, de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.

🔴 CAUSAS DE CESE NAS SUBSTITUCIÓNS: Incorporación do titular ou remate da causa que motivou a substitución, renuncia do substituto ou adxudicación de novo posto definitivo (concurso) ou provisional.

🔴A renuncia ás prazas solicitadas en substitución, unha vez adxudicadas, tanto se a renuncia prodúcese antes da efectiva toma de posesión como durante os seis primeiros meses, penalizarase coa imposibilidade de poder acceder a unha nova substitución durante o período dun ano.

NOVIDADE IMPORTANTE: na nova normativa DESAPARECE A PREFERENCIA POR TER CESADO NUNHA SUBSTITUCIÓN ANTERIOR ANTES DE TRANSCORRER O PERÍODO MÍNIMO DE 6 MESES.

🔴As solicitudes non se poderán anular ou modificar unha vez finalizado devandito prazo 

🔴Para o cómputo destes criterios tomarase como data límite a da publicación da correspondente convocatoria.

SUBSTITUCIÓNS – normativa 2022 – RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións.

Los comentarios están cerrados.