Archivo diario: 24/03/2021

CHAMAMENTOS INTERINOS GALICIA 24/03/2021

INTERINOS-2

A CORUÑA:

  • Xulgado de Primeira Instancia Nº5 A Coruña, CTPA, Desocupado Vacante.
  • Xulgado de Instrucción Nº2 de Santiago, CTPA, Desocupado Substitución.
  • T.S.X. Sala Contencioso Administrativo A Coruña, CAX, Desocupado por Outros.

LUGO:

  • Xulgado de Primeira Instancia Nº2 de Lugo, CTPA, Desocupado por outros.
  • Xulgado de Prim. Inst. e Instrución Nº1 de Sarria, CAX, Desocupado por Outros.

PONTEVEDRA:

  • Xulgado de Prim. Inst. e Instrución Nº1 de Marín, CTPA, Desocupado Vacante.
  • Xulgado de Prim. Inst. e Instrución Nº2 de Tuí, CTPA, Desocupado Substitución.
  • Xulgado de Prim. Inst. e Instrución Nº1 de Cangas, CTPA, Desocupado Substitución.

MODIFICACIÓN DA LEI 20/2011 DO REXISTRO CIVIL

registro civilO 16 de marzo aprobouse polo Congreso dos Deputados, a modificación da Lei de 2011 do Rexistro Civil, así como A Proposición de LO complementaria da Lei pola que se modifica a Lei 20/2011 do 21 de Xullo de Rexistro Civil. O seguinte paso é levala ao Senado, tendo previsto que a súa entrada en vigor sexa o 30 de abril deste ano. A Cámara Alta pode aprobar o texto nos seus termos, presentar emendas ou propoñer un veto. No caso dos dous últimos supostos, a iniciativa tería que regresar ao Congreso dos Deputados.

Se desexas ter esta nota en formato pdf, pica aquí.

1.- CAMBIOS NA LOPJ QUE ADSCRIBEN DEFINITIVAMENTE AO REXISTRO CIVIL E AOS SEUS FUNCIONARIOS NO ÁMBITO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.

             Engádese o artigo 439 bis (Proposición de LO complementaria da Lei pola que se modifica a Lei 20/2011 do 21 de Xullo de Rexistro Civil) no cal deixa claro que o Rexistro Civil constitúe unha unidade que sen estar integrada na Oficina Xudicial,  sí forma parte do ámbito da Administración de Xustiza que se encargará da levanza do referido servizo público, vinculando ao Ministerio de Xustiza a labor do seu desenvolvemento.

            Modifícase o artigo 445 relativo ás situacións administrativas dos Letrados da Administración de Xustiza (Que serán iguais e cos mesmos supostos que para Xuíces e Maxistrados)

Modifícase o artigo 520 no sentido de que xa inclúe como postos de traballo dos funcionarios da Administración de Xustiza as oficinas do Rexistro Civil.

          Engádese o apartado 5 ao artigo 522 dando competencia exclusiva para a elaboración e aprobación das relacións de postos de traballo das oficinas do Rexistro Civil ao Ministerio de Xustiza e ás CCAA con competencias asumidas nos seus respectivos ámbitos territoriais. Sigue leyendo