SPJ-USO acaba de presentar un escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza e a EGAP REITERANDO SOLICITUDE DE PREPARACIÓN ONLINE DE OPOSICIÓNS, A TRAVÉS DA PLATAFORMA EGAP, PARA OS FUNCIONARI@S DE XUSTIZA DE GALICIA.
1.- A promoción e formación profesional d@s traballadores é un alicerce fundamental para o bo funcionamento das oficinas xudiciais e para unha prestación do servizo público ao cidadán acorde coas premisas dunha Xustiza EFICAZ, RÁPIDA e PROFESIONAL.
2.- Dende que a nosa Comunidade recibiu as competencias en Xustiza, nunca se organizaron cursos de preparación online encamiñados a preparar tanto aos actuais profesionais dos xulgados como ao persoal interino, con interese e ansia de aprobar unha oposición de Xustiza, xa sexa por promoción interna ou por quenda libre; Pola contra, outras Comunidades, tomando boa nota desto, leva organizándoos dende hai máis de 10 anos, caso do territorio Ministerio.
3.- Nos tempos de pandemia que vivimos revelóusenos que sen medidas de conciliación da vida familiar, persoal e laboral estamos perdidos e que, sobre todo, é necesario que a parte institucional nos apoie e funcione.
ℹ🆕➡ Hemos tenido conocimiento (especialmente a lo largo del pasado año 2020) de
AUXILIO JUDICIAL – OEP 2017/18 


















