Archivo diario: 25/03/2021

SPJ USO FRONTE Ó COVID-19 CONTINUACIÓN DO PROCESO DE VACINACIÓN

O Proceso de Vacinación preocupa a moit@s compañeir@s s e así nolo transmitistes ao longo destes días; Por este motivo SPJ USO púxose en contacto co Sergas para que clarifique a súa postura con respecto a se o colectivo de Funcionari@s van ser incluídos na inmunización seguindo a orde alfabética establecida.

DESDE O SERGAS COMUNICÁRONNOS VIA MAIL  O SEGUINTE:

Unha vez reanudadas as citacións  para o proceso de vacinación desde onte,  está prevista a citación de todas as persoas comprendidas no grupo de idade de 50 a 65 anos, independentemente do seu tipo de aseguramento, xa que as diferentes mutualidades facilitaron os datos dos seus afiliados e a citación farase en función a disposición do número de vacinas, en ese caso de AstraZeneca, das que dispoña Galicia.

COMPLEMENTO DE VIOLENCIA 2021: SEGUIMOS SUMANDO CO ESFORZO DOS TRABALLADORES E O ACORDO DA XUSTIZA GALEGA

No día de onte a Dirección Xeral trasládanos a listaxe dos Xulgados que por mor do acordo acadado cobrarán ou seguirán cobrando as cantidades do Complemento de Violencia Sobre a Muller o haber acadado as 75 dilixencias ou máis segun os datos do CXPX. 

Espérase que a partir da nómina do mes de abril apareza reflexado o Complemento, 52,75 € por funcionario.

XULGADOS CON COMPLEMENTO DE VIOLENCIA ANO 2021:

RIBEIRA , CANGAS, MONFORTE DE LEMOS, CAMBADOS,    VIVEIRO, CALDAS DE REIS, VILAGARCIA, REDONDELA, PADRON, BETANZOS, MARIN, CARBALLO, PONTEAREAS, NOIA, O PORRIÑO

SPJ-USO  e os sindicatos firmantes do acordo de todos vós seguimos mellorando os vosos dereitos.

FEITOS NON PALABRAS, NIN PAUS NAS RODAS…

EGAP: PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN PARA O PERSOAL DE XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais: RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021

ℹ️➡️ No DOG de hoxe 25/3 convócase o programa de autoformación  para o persoal da Administración de xustiza de Galicia.

👉 IMPORTANTE: O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas, pero só as persoas que se matriculen nestas probas e as superen teñen dereito a un certificado de equivalencia ou aproveitamento.

A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOGA.

⭕ Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP a partir do día 26 de abril e ata o 20 de decembro de 2021, agás para os contidos sobre aplicacións informáticas de bases de datos, follas de cálculo, tratamento de textos e presentacións gráficas de Microsoft Office 2019 e os de uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo e de tratamento de textos de LibreOffice Writer, que estarán dispoñibles a partir do 24 de maio de 2021.

Solicitudes de participación nas probas de avaliación:  O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar limítase a cinco.

▪️ Amplía información e accede ó Doga: ⤵️⤵️

 RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021