Archivo diario: 22/03/2021

NOVOS AVISOS DE DESOCUPACIÓN PARA A SÚA COBERTURA MEDIANTE SUBSTITUCIÓN ENTRE TITULARES.

Reunión-Trabajo-Traslados-IMPORTANTE📢 📢 📢   PUBLICADOS NA INTRANET DE XUSTIZA NOVOS AVISOS DE DESOCUPACIÓN DE POSTOS PARA A SÚA COBERTURA MEDIANTE SUBSTITUCIÓN ENTRE TITULARES. ‼

RESOLUCIÓN do Director Xeral de Xustiza do 22/03/2021, pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da resolución (23, 24 e 25 de marzo de 2021).

IRPF aplicado á nosa nómina: CUESTIÓNS A QUE TER EN CONTA

irpf

ℹ➡ Neste post imos analizar e dar resposta a importantes cuestións, todas elas relacionadas co IRPF aplicado á nosa nómina. Entre elas ¿cómo pagar menos IRPF mes a mes?.

¿De que  depende o importe de IRPF que me aplican na nómina?

O IRPF que pagamos mes a mes, que nos retén o noso pagador, son pagos a conta da nosa declaración de IRPF que faremos ao ano seguinte de terminar o exercicio fiscal. A porcentaxe que nos aplican, pode estar influído principalmente por tres factores:

  • Unidade familiar, debido a que pagaremos menos se temos fillos por exemplo.
  • Minusvalía, que implica subir o umbral do mínimo exento de tributación.
  • Hipoteca da vivenda habitual adquirida antes do 1 de xaneiro de 2013 (entre outros requisitos).

¿Podo pedir que me reduzan o importe que me aplican?

Moitos nos preguntades se é posible pedir ao departamento de nóminas que reduzan a porcentaxe de IRPF que nos aplican na nómina mes a mes, xa que logo sempre a declaración da renda sáevos a devolver. A resposta é que non,  vannos a aplicar a porcentaxe que arroxe o programa informático que utilizan en función dos datos de que dispoñen.

O que si debemos ter claro é que o que paguemos de máis mes a mes, ao facer a nosa declaración de IRPF ao ano seguinte, teránnolo que devolver cando poñamos as contas claras con Facenda. Sigue leyendo

Publicado no BOE a relación definitiva de admitidos e excluidos no proceso selectivo ao Corpo de Auxilio Xudicial, data e sedes do exame.

descargaNo BOE de hoxe publícase a Orde JUS/263/2021, do 16 de marzo, pola que se aproba a relación de admitidos e excluídos e anúnciase data, hora e lugar de celebración do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro.

  • Confírmase a data do exame para o Día 17 de abril.
  • Publícanse as sedes de examen para as distintas Comunidades.